8.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasO festival 'Algazara Danzando entre Culturas' volve a Ponteareas o vindeiro 19...

    O festival ‘Algazara Danzando entre Culturas’ volve a Ponteareas o vindeiro 19 de setembro

    Os ritmos folclóricos internacionais volverán resoar en Ponteareas este mes. O vindeiro domingo día 19 de setembro o parque da Feira Vella acollerá a 7ª edición do festival ‘Algazara Danzando entre Culturas’, que organiza a Agrupación Folklórica Algazara de Celeiros xunto a Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas. O evento tivo que ser suspendido pola chuvia en agosto, pero mantén todas as actuacións programadas.

    O acceso ao festival será libre ata encher aforo. Para poder asistir será preciso reservar entradas de maneira online. A pandemia, tal e como pasou na pasada edición, complicou moito a presencia de grupos internacionais. Por iso, dende o festival, “apostouse por agrupacións de ritmos estranxeiros, pero afincadas en Galicia e Portugal”, como sinalou o concelleiro de Cultura, Fernando Groba. África estará representada polo grupo de orixe caboverdiana Batuko Tabanka, Portugal polo Rancho folclórico São João Baptista (Nogueira, Braga), e México polo grupo Mariachi Vigo. As súas actuacións darán color a unha xornada na que a música galega tamén estará presente nas notas da Agrupación Folklórica Algazara.

    Batuko Tabanka está integrado por mulleres de orixe caboverdiana afincadas na Mariña lucense. Dende a súa fundación ten o obxectivo de dignificar a cultura de Cabo Verde, e lembrar a súa orixe africana en todos os expoñentes culturais posíbeis. Na súa música destaca o batuko, un pano pregado colocado entre as pernas e que funciona como instrumento de percusión, e as súas mensaxes de respecto, e diálogo coas migracións.

    Mariachi Vigo é unha agrupación afincada en Galicia e formada por profesionais latinoamericanos con máis de 20 anos de experiencia na música. No seu amplo repertorio hai dende boleros, a polkas, pasando por pasodobres, rancheiras, serenatas… E, por suposto, non faltan as pezas máis tradicionais de México.

    A Agrupación Folklórica Algaraza é un grupo xa histórico en Ponteareas. Xurdiu a finais do ano 1997, cando un grupo de amigos uniuse para formar unha asociación que recuperara e difundise o folclore tradicional de Galicia e, en concreto, da zona de O Condado. Nos seus 24 anos de historia participaron en numerosos festivais por toda a Península Ibérica. Ademais do Festival Internacional Algazara Danzando entre Culturas tamén organizan o Festival Algazara que cada outono achega a Ponteareas grupos de folclore nacional.

    O rancho folclórico S João Baptista de Nogueira é unha agrupación con 27 anos de historia. Na súa viaxe pasaron moitas persoas, amizades, alegrías e, sobre todo, moita música e aprendizaxe para promocionar e compartir as tradicións musicais da zona de Braga en concreto, e de Portugal en xeral.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.