12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasO bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, protagonista da nova conferencia do 'Foro...

    O bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, protagonista da nova conferencia do ‘Foro do Camiño Portugués’

    Terá lugar o próximo martes, 21 de setembro, ás 19 h na aula CeMIT e poderá seguirse en directo en www.tui.gal

    O vindeiro martes, 21 de setembro, o Concello de Tui recupera, tras a paréntese estival, a celebración do Foro do Camiño Portugués, creado o pasado mes de abril. Nesta ocasión contará coa intervención de Luís Quinteiro Fiuza, bispo da diocese de Tui-Vigo.

    A presenza de Monseñor Quinteiro resulta unha oportunidade para recoller unha visión do Camiño Portugués dende o ámbito relixioso, inherente á propia historia e valores da peregrinación a Santiago de Compostela ao longo do tempo e que hoxe segue ben presente nas motivación dun sector de peregrinos. Amais a Igrexa é un dos principais axentes implicados na xestión do Camiño de Santiago.

    Luis Quinteiro (Sabrexo-Vila de Cruces, 1947) realiza os seus estudos teolóxicos na Universidade Pontificia de Comilllas que completa, tras a súa ordenación como presbítero en 1971, na Pontificia Universidade Gregoriano de Roma especializándose en filosofía contemporánea, onde acada o doutorado. Na diocese compostelá foi, entre outras tarefas, director do Instituto Teolóxico. Foi nomeado en 1999 bispo auxiliar de Santiago de Compostela, en 2002 bispo de Ourense e, dende o 28 de xaneiro de 2010, é bispo da diocese de Tui-Vigo.

    Monseñor Quinteiro, pola súa traxectoria académica e pastoral, posúe un amplo coñecemento da realidade e vitalidade do Camiño de Santiago que enriquecerá as visións ofertadas ata este momento dende o Foro do Camiño, mostrando así as múltiples facetas do fenómeno da peregrinación xacobea con especial referencia ao Camiño Portugués.

    Esta conferencia terá lugar o vindeiro martes 21 de setembro ás 19 horas na Aula Cemit (Edificio “Francisco Sánchez” – antiga Área Panorámica, rúa Colón,2 primeiro andar, entrada por portas 4 e 12) e poderase seguir por streaming a través da páxina web do Concello de Tui www.tui.gal. Un número limitado de persoas poderán asistir presencialmente ata completar o aforo do local, debendo realizar unha inscrición previa -por rigoroso orde de chegada- a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal.

    Para o concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, o Concello de Tui avanza nas actividades deste “Foro do Camiño Portugués”, que inaugurou o pasado 20 de abril Juan Manuel López-Chaves ao que lle deu continuidade a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o 25 de maio e o presidente de Turismo Porto e Norte, Luis Pedro Martíns no pasado 22 de xuño. Este Foro súmase a outras medidas impulsadas dende o Concello a prol do Camiño ao entender que a ruta xacobea é un dos principais recursos patrimoniais e turísticos do noso concello: a creación da Mesa do Camiño, o impulso a actividades diversas, publicacións, a posta en marcha do perfil de Facebook “Camiño Portugués. Tui” con case 4.000 amigos, etc.

    Laureano Alonso sinala que esta iniciativa de creación do “Foro do Camiño Portugués” forma parte da vontade do Concello de Tui de prepararse para o escenario post-covid no ámbito da peregrinación xacobea levando adiante novas iniciativas que contribúan ao posicionamento do Camiño Portugués e de Tui cara ao futuro que como estamos comprobando neste último mes comeza a recibir peregrinos de múltiples nacionalidade abrindo un esperanzador horizonte.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.