A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada de deputadas provinciais, alcaldes e alcaldesas e mulleres implicadas nos programas de igualdade da institución provincial, presentou a programación de actos con motivo do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, nun acto no que tamén se puido escoitar a música reivindicativa de Laura Lamontage.
A Deputación de Pontevedra presentará a próxima semana en Vigo e Pontevedra o catálogo 'Mulleres do Silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz', baseado na exposición que tivo lugar no MARCO entre outubro de 2016 e abril de 2017 na que se visibilizou a obra e traxectoria de 19 artistas galegas vinculadas á pintura.
A campaña para compostar as cabazas xeradas durante a fin de semana pasada con moito do Samaín no Rosal, péchase cun gran éxito, segundo sinalou o Concello que preside Ánxela Fernández Callís. Durante a fin de semana e inicios desta, a cidadanía foi achegando as cabazas ao composteiro comunitario para que o mestre composteiro as xestionase adecuadamente.
Os responsables de dous clubs deportivos tudenses, Pablo García, do Club de Tenis Tui e Juan Carlos Feijoo e Miguel de la Calle, do Club de Padel8, entregaron esta mañá á Biblioteca Municipal de Tui un amplo lotes de pelotas usadas que serán reutilizadas polo centro bibliotecario para contribuír substancialmente ao mantemento do ambiente de silencio.
Un premio distinguíu, por vez primeira na historia de Ponteareas, o emprego da lingua galega no ámbito comercial e empresarial. Con este xesto o Goberno ponteareán quere non só promover o uso da lingua galega "senón tamén recoñecer publicamente a contribución ao aumento e mellora do uso social do galego desde este sector".
Ana Belén Gómez recibiu hoxe de mans de David Alonso, concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, unha metopa que recoñece o papel que fixo a atleta porriñesa na recente maratón de Chicago. Ana Belén, que é ademáis funcionaria municipal, fixo unha marca de 3 horas, 10 minutos e 13 segundos para completar os 42 kilómetros.
A concellaría de Mobilidade e Tráfico que dirixe Roberto Mera puxo en marcha o proceso de participación cidadá para a elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable. O proceso de participación desenvolverase a través de dous instrumentos, unha enquisa aberta a toda a poboación e reunións con colectivos sociais.
O Auditorio de Goián acolleu na fin de semana a Gala Solidaria pola ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica), organizada pola Asociación AGAELA (Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica), coa colaboración do Concello de Tomiño, a Deputación de Pontevedra e comercios locais.
A Praza do Concello de Redondela e a Alameda Rosalía de Castro de Chapela, acollerán mañá xoves, 31 de outubro, as actividades que o Concello redondelán vén de artellar con motivo do Samaín. En caso de choiva, as actividades serían trasladadas ao Multiúsos da Xunqueira e ao Multiúsos de Chapela, respectivamente.
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou onte no edificio do Viveiro de Empresas do Parque Empresarial PEMOS Veigadaña, en Mos, aos participantes do Programa Integrado de Emprego Insere Máis que organiza a Asociación de Empresarios de Mos e que celebra a súa novena edición.
O goberno de Carmela Silva vén de aprobar unha prórroga do acordo marco que rexe a prestación do servizo de Teleasistencia Domiciliaria nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. Deste xeito, o servizo prorrogarase entre xaneiro de 2020 e xaneiro de 2021 cun custe de 174.480 euros dos cales a Deputación achega o 50 % e os concellos o 50 % restante.
O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, asegurou hoxe que o PXOM deberá ir novamente a aprobación plenaria logo de que o Secretario Municipal "sinale no seu informe que o documento debe volver a aprobarse na súa totalidade e que non puido comprobar a documentación enviada".
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.