18.5 C
Pontevedra
Xoves, 23 de Setembro de 2021
Máis
    HomeUltimas NoticiasCarmela Silva: "Non hai nada máis urxente nin prioritario que loitar contra...

    Carmela Silva: “Non hai nada máis urxente nin prioritario que loitar contra as violencias machistas”

    Os actos da campaña da Deputación ao fío do Día Internacional contra a Violencia de Xénero arrancan esta semana e estenderanse ata decembro polos concellos da provincia

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada de deputadas provinciais, alcaldes e alcaldesas e mulleres implicadas nos programas de igualdade da institución provincial, presentou a programación de actos con motivo do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, nun acto no que tamén se puido escoitar a música reivindicativa de Laura Lamontage. En total, a campaña da institución provincial, de nome ‘Sementando para a igualdade’, estenderanse dende esta mesma semana ata decembro, para reivindicar, tal e como asegurou a presidenta, que “non hai nada máis urxente nin máis prioritario que loitar contra as violencias machistas. Imos rematar con todo este sufrimento e dor que levamos ás costas as mulleres”.

    Carmela Silva aproveitou a ocasión para “recordar esta crueldade intolerable” e reivindicou “que de forma inmediata, as primeiras iniciativas do novo goberno do Estado sexan a aprobación de leis contra a prostitución e a trata de mulleres e que se modifique o Código Penal. Debemos defender o dereito a ser mulleres libres e respectadas, precisamos normas que amparen os nosos dereitos e por iso agardo que sexan as primeiras iniciativas que se aproben”. A presidenta incidiu en que “a Deputación de Pontevedra é abolicionista porque a prostitución é unha lacra intolerable, unha violencia brutal e temos un compromiso firme e real contra as violencias machistas”. “Todas nós temos moi claro que a loita pola igualdade é unha cuestión de 365 días ao ano pero certamente novembro é un mes especial porque o 25, as mulleres, acompañadas dalgúns homes, loitamos e denunciamos as violencias que padecemos”, asegurou Carmela Silva.

    O Pazo da Deputación conta xa coas dúas lonas renovadas nas que figuran os nomes das 1.027 mulleres asasinadas en España nos últimos 16 anos

    Por ese motivo, durante o acto de presentación da programación de actos de igualdade se despregaron dúas lonas actualizadas cos nomes das mulleres asasinadas dende que hai rexistros. “Non imos esquecer a esas mulleres asasinadas polo machismo, 51 no que vai de ano e dende que se contabilizan os datos da violencia machista 1.027 mulleres asasinadas en España, que deixaron 275 menores orfos e orfas, das cales 61 eran galegas e 25 da provincia de Pontevedra”.

    A programación de actos impulsada pola Deputación de Pontevedra con motivo do 25-N comeza esta mesma semana coa presentación do catálogo ‘Mulleres do silencio’ en Pontevedra (13 de novembro 19 horas no Palacete das Mendoza) e en Vigo (15 de novembro 18 horas no MARCO). En ambos os dous actos estará a comisaria Rosario Sarmiento e artistas que forman parte do compendio. Tamén esta mesma semana a exposición de bonecas Barbies intervidas ‘Rompe, Xoga en Igualdade’, impulsada por Isabel Blanco e Irene Silva e que percorreu un total de 13 concellos, chegará ata o Auditorio de Soutomaior (14 de novembro) onde permanecerá ata o 11 de decembro. A mesma mostra, pero a través de paneis, viaxará o 20 de novembro ata a sede de FOANPAS en Vigo.

    O 25 de novembro arrancará a V edición do programa ‘Mulleres en acción. Violencia Zero’, comisariada por Paula Cabaleiro, que ao longo de catro anos desenvolveu 85 accións artísticas contra as violencias machistas que conseguiron visibilizar a case un centenar de artistas e implicaron a milleiros de persoas. A quinta edición do programa da Deputación dará comezo os días 25 e 26 de novembro en Pontevedra (ás 12 horas) e Vigo (19 horas) con dúas performances chamadas “Pan duro I e II” protagonizadas por Ana Gesto, María Marticorena, Ana Matey e Isabel León. A quinta edición de ‘Violencia Zero’ desenvolverá ao longo dos 12 meses do ano en 25 concellos da provincia accións de poesía e literatura, música, grafitti, danza contemporánea e acción escénica. A principal novidade desta nova edición son o impulso da participación directa da cidadanía, con traballos colectivos que van implicar a centros escolares e ao tecido asociativo da provincia, poñendo especial énfase na mocidade.

    Silva reivindicou ao novo goberno do Estado “que as súas primeiras iniciativas sexan a aprobación de leis contra a prostitución e a trata e que se modifique o Código Penal”

    O 27 de novembro terá lugar a presentación dun grafitti colaborativo que se fará no Centro Penitenciario da Lama, coa colaboración de persoas internas. As persoas internas do centro participarán no grafitti, que se centrará na desigualdade de oportunidades e loita contra diferentes violencias machistas, intervindo nun dos seus muros co apoio, dirección e asesoramento de Iria Fafián. Tamén, e no marco desta programación, chegará en decembro ‘Ramonas on tour’, liderado Patricia Moon, ata Vilagarcía de Arousa. Este programa da Deputación ten por obxectivos concienciar sobre a igualdade con concertos, exposición e conversas sobre a situación das mulleres na cultura. Así, tense programado un coloquio no que se afondará sobre as mulleres na industria cultural baixo o nome ‘Nunca máis sen nosoutras’ e, por último un concerto.

    Finalmente, e por terceiro ano consecutivo, a Deputación de Pontevedra adheriuse á iniciativa ‘En negro contra as violencias’ dotando de materiais da campaña a 23 concellos da provincia que tamén se sumaron á proposta. Deste xeito, en total, a Deputación distribuíu entre os concellos 5.000 carteis de ‘Espazo libre de violencias machistas’, 5.000 postais cos dous lemas da campaña e 5.300 dípticos co lema ‘Contra as violencias, educación’.

    COLABORACIÓNS

    Saliente de guardia

    El volumen de la canción y un discreto codazo de mi mujer me devolvieron a la realidad. El homenajeado sonreía frente a las velas encendidas de la tarta y los invitados entonaban el 'cumpleaños feliz'. Yo tenía la mirada perdida pero, tras el aviso, me incorporé a las últimas notas y al aplauso final.

    Entrevista a Carlos García Vaso

    Escribir sobre Azul y Negro es un orgullo, ya no solo por ser parte de la historia de nuestra música (¿Quién no recuerda las melodías / himnos que hicieron para varias Vueltas Ciclistas a España?) sino por que nunca fueron de divos y siempre estuvieron cerca de sus fans. Acaban de publicar nuevo disco (el Covid los volvió a unir a la formación original) y por tal motivo charlamos con Carlos.

    ¡Indultos!

    Hace unas semanas fue la época de los indultos. Por un lado, se indultaron a los "díscolos catalanes" que quisieron "separarse de la madre patria" para ocultar las vergüenzas de tantos años de corrupción ya que, si no no se entiende. Ni historia ni, sobre todo los datos económicos, lo sostienen por ningún lado.

    Xesús Constenla, «O peso do cerebro»

    Xesús Constenla xa nos ten acostumados a unha narrativa arriscada e alonxada de tópicos, o que non deixa de ser un aliciente para calquera lector. Agora, con «O peso do cerebro», mantense firme nesta liña de traballo para adentrarse no confuso mundo de don Honorio, un vello afectado de demencia senil que un día, aproveitando un despiste da súa neta, Paula, sae da casa e vaga sen rumbo pola cidade de Barco (doadamente identificable co Ferrol natal do autor), un espazo que, coma o protagonista, coñeceu mellores tempos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    12 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    4 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    44 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    34 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    1 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS