A presidenta provincial, Carmela Silva, expresou hoxe a súa satisfacción ante a nova comunicación do IDAE, (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía), confirmando novos recursos para apoiar o modelo da Deputación de desenvolvemento urbano sostible. Esta subvención, que supera os 600.000 euros, é a sexta que o IDAE fai á institución provincial no que vai de ano e servirá para que os concellos de Mondariz, Mos, Ponte Caldelas, Poio e Moraña melloren o seu alumeado público exterior.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella manter o máximo nivel de alerta ante o mildio, posto que están a aparecer as primeiras manchas nas follas dos gromos sen protexer.
A Deputación de Pontevedra vén de constituír a Comisión Interdepartamental co obxectivo de elaborar de xeito participativo e con visión estratéxica unha Axenda Urbana e Rural propia para converter á provincia de Pontevedra nun espazo máis sostible, resiliente, inclusivo e seguro.
A Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias pecharán este xoves o primeiro bloque temático do II Ciclo de conferencias “Aida Fernández Ríos”, cunha charla titulada “Adegas circulares: máis alá do viño...”, que será impartida por Marta Lores Aguín, catedrática de Química Analítica.
A Deputación de Pontevedra inicia este mércores a súa programación para “aviventar” cultura este verán cunha excepcional acollida por parte da cidadanía. Deste xeito, o ciclo “Tras as Ameas” levará un total de doce espectáculos familiares aos castelos de Soutomaior e Sobroso.
O AECT Rio Minho foi anfitrión, en Vila Nova de Cerveira, do Encontro de Cooperación Transfronteiriza organizado en parcería co Goberno portugués e o CCDR-N para abordar os retos de futuro dos territorios transfronteirizos.
A Consellería de Sanidade informa da existencia de 102 rapaces que deron positivo por covid-19 como consecuencia do gromo de Baleares. A maioría destes casos, concretamente 89, pertencen á provincia de Pontevedra, sendo a metade deles positivos na variante Delta.
Os 10 diplomas coa 'Q de Calidade', que premian o traballo de información turística que se desenvolve dende as oficinas da rede provincial Rías Baixas en Cangas, Poio, Caldas de Reis, A Illa de Arousa, Baiona, Nigrán e A Estrada, xunto coas oficinas propias do Palacete das Mendoza (Pontevedra), aeroporto de Vigo e A Armenteira (Meis) xa están en mans dos seus titulares.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que reflicte a detección recente de moitas manchas incipientes de mildio nas viñas e recomenda intervir cando se detecten síntomas. O persoal de Areeiro tamén recomenda reforzar o tratamento contra o oídio cando se apliquen os produtos para combater o mildio.
A Deputación de Pontevedra abre hoxe luns, 28 de xuño, o prazo de inscrición para a primeira das DepoAndainas, que transcorrerá o domingo 18 de xullo pola Vía Verde que une os concellos de Caldas de Reis, Portas e Vilagarcía de Arousa.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.
Só unha semana despois da finalización da súa última edición, a Deputación de Pontevedra lanza a nova e sexta convocatoria de Depoemprende na Escola, na ESO e na FP, o programa co que busca fomentar a cultura emprendedora entre o alumnado de Primaria, Educación Especial, a ESO e a FP da provincia.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.