Xoves, 17 Xullo de 2025

É Noticia

SmartPeme imparte esta semana catro obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

Luz verde da Deputación a 1,2 millóns de euros do Plan Concellos para obras e contratación de case un cento de traballadores

A Deputación aprobou o venres, en Xunta de Goberno, a mobilización de 1,25 millóns de euros, no marco do Plan Concellos, para o financiamento de obras en dous concellos da provincia e a contratación de 97 persoas noutros seis.

María Vinyals, Pardo Bazán e Coco Chanel regresan aos xardíns do Castelo de Soutomaior coas visitas caracterizadas das camelias

Había moitas ganas de observar os magníficos exemplares de camelia no Castelo de Soutomaior que non deixaron a ninguén indiferente. A Deputación de Pontevedra estreou este sábado a segunda edición das visitas caracterizadas ao xardín da fortaleza, nas que tres actrices encarnan a Emilia Pardo Bazán, María Vinyals e Coco Chanel para guiar aos visitantes a gozar da floración da flor emblemática das Rías Baixas.

O incremento de contratos fixos en xaneiro en Pontevedra “primeiro síntoma do avance social da Reforma Laboral” segundo o PSOE

O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra asegurou onte que "é un día de felicidade" trala convalidación por parte do Congreso do Real Decreto Lei da Reforma Laboral, en vigor dende o comezo deste ano. O secretario xeral provincial, David Regades, acompañado polo deputado Guillermo Meijón; a deputada Olga Alonso e a senadora María Adrio, valorou os avances en materia laboral do Goberno presidido por Pedro Sánchez.

Nigrán recibirá 900 000 € a través do convenio ReacPon da Deputación para humanizar a rúa Otero Pedrayo

O Concello de Nigrán recibirá 900 000 € da Deputación de Pontevedra para humanizar a rúa Otero Pedrayo grazas ao convenio ReacPon, o plan de investimento público más ambicioso da Historia da institución. O alcalde, Juan González, asinou onte o convenio no Pazo Provincial xunto á presidenta Carmela Silva, o que significa que a Deputación asumirá o 70 % do custe das obras.

O secretario de estado de Medio Ambiente comprométese a liderar a posta en marcha do proxecto do parque e ponte transfronteirizos da Amizade

O resultado da reunión da presidenta da Deputación Carmela Silva; o deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Rio Minho e a alcaldesa de Tomiño en Madrid co secretario de estado de Medio Ambiente Hugo Morán onte en Madrid non puido ser máis satisfactorio: o representante estatal comprometeuse a liderar e coordinar no goberno central a posta en marcha do proxecto do parque e a nova ponte peonil transfronteiriza da Amizade entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira.

O secretario de estado de Medio Ambiente comprométese co proxecto do parque e a ponte transfronteirizos da amizade

O resultado da reunión da presidenta da Deputación Carmela Silva, o deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Rio Minho e a alcaldesa de Tomiño en Madrid co secretario de estado de Medio Ambiente Hugo Morán onte en Madrid non puido ser máis satisfactorio.

A Deputación anuncia que realizará novos pases do microteatro ‘Un biolo na noite’ ante o éxitoda estrea onte no Pazo Provincial

“Achegar a memoria histórica á xente moza é un desafío e o premio de microteatro da memoria é unha grande ferramenta”. Así o asegurou onte a deputada provincial de Memoria Histórica, María Ortega.

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro advirte da presenza no solo das primeiras procesionarias

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario para advertir da presenza no solo das primeiras eirugas procesionarias (Thaumetopoea pityocampa) e aconsella neste senso evitar os paseos nas zonas de piñeiros ou cedros, xa que como é coñecido, o contacto con estas eirugas pode ocasionar irritacións ou outros problemas máis graves.

A cultura cítase no Castelo de Soutomaior nunha xornada de debate sobre os retos “poscovid”

A Deputación, xunto á Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, organiza o día 10 de febreiro unha xornada no castelo de Soutomaior para debater sobre os desafíos aos que se enfronta o sector da cultura.

O Grupo Socialista denuncia a inacción da Xunta para cumprir a proposta do PSdeG para redefinir os xeodestinos turísticos

A deputada socialista Leticia Gallego denunciou onte que a Xunta de Galicia leva case un ano sen dar cumprimento á proposta aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia para redefinir os xeodestinos turísticos. Esta iniciativa, presentada no seu día polo PSdeG, contou co respaldo de todos os grupos políticos en marzo de 2021 pero, a día de hoxe, o goberno galego “non fixo absolutamente nada para atender esta petición”.

Leticia Gallego cualifica de “ataque á sanidade pública” a restrición de actividade en 14 centros de Atención Primaria da área de Vigo

A deputada socialista Leticia Gallego tachou hoxe de “ataque á sanidade pública, gratuíta e universal” a decisión da Xunta de restrinxir a actividade en 14 centros de atención primaria da área sanitaria de Vigo, facendo que os facultativos só atendan urxencias e casos de Covid. Trátase, en palabras da parlamentaria do PSdeG, dunha “decisión nefasta” xa que “toda a cidadanía ten dereito a acudir ao seu médico por calquera enfermidade”.