Domingo, 11 Maio de 2025

É Noticia

SEA e Zona Franca estudan colaborar na promoción de solo industrial

A xerente da sociedade pública 'Suelo Empresarial del Atlántico' (SEA), Beatriz Sestayo, mantivo unha reunión esta pasado en Vigo co delegado do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades de cara a estudar as posibilidades de colaboración entre ámbolos dous organismos, ante as sinerxias comúns existentes no ámbito empresarial e económico.

A Deputación aproba concertos para 58 concellos ao abeiro do «Musigal 2020»

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno as actuacións autorizadas ós concellos dentro do programa ‘Musigal 2020’, orientado a municipios de menos de 50.000 habitantes. Deste xeito, aceptáronse as actuacións dos 58 concellos solicitantes, polo que o custe total para o ente provincial ascende a 614.045,25 euros, o que supón unha ampliación en relación cos 600.000€ que se proxectaran nun primeiro momento.

A Deputación rescata a tradición da cestería de madeira rachada na exposición «Tecendo a natureza»

Amosar a riqueza da tradición da cestería de madeira rachada e evitar que se perda este patrimonio material e inmaterial galego. Estes son os dous grandes obxectivos da exposición 'Tecendo a natureza', organizada pola Deputación de Pontevedra e que desde hoxe ata o día 29 de febreiro se poderá visitar no vestíbulo do Pazo Provincial. Con esta mostra, a institución provincial tenta poñer en valor esta artesanía a través das obras do último mestre cesteiro galego nesta modalidade, Enrique Táboas.

Igualdade e música, na nova sede da Deputación en Vigo nos «IV Premios Sofía Novoa Ortiz»

A nova sede da Deputación de Pontevedra en Vigo encheuse esta tarde de sensibilidade, igualdade e música para acoller a entrega da cuarta edición dos 'Premios Sofía Novoa Ortiz' que valoran aos mellores traballos de Fin de Grao e Máster con perspectiva de xénero, presentados na Universidade de Vigo durante o curso 2018/2019.

«Abraza un CAAN», campaña da Deputación para promover a adopción e tenenza responsable de animais

Enmarcada na campaña 'Esteriliza, adopta', a Deputación de Pontevedra acaba de poñer en marcha a iniciativa 'Abraza un CAAN', destinada a visibilizar aos cans e cadelas que permanecen no Centro de Acollida e Protección de Animais da Armenteira e promover así a súa adopción. Así, desde esta semana, deputadas e deputados do Goberno están a visitar o CAAN para “abrazar” e retratarse cos animais do centro e dalos a coñecer a través das redes sociais co hashtag #abrazauncaan.

Arranca o Plan de Mantemento da Deputación para os campos de fútbol da provincia

A Deputación de Pontevedra, a través do seu Plan de Mantemento, xa recibiu ata o de agora 36 solicitudes dos concellos para actuar nos campos de fútbol da provincia, tanto de herba sintética como natural. Deste xeito, se as condicións meteorolóxicas son adecuadas, os traballos para a mellora destes espazos comezarán a partir da vindeira semana.

Carlos Font acusa ao PP do “uso intolerable da xustiza” logo dunha nova sentenza a favor da Deputación

O deputado Carlos Font valorou hoxe positivamente a sentenza do Xulgado número 2 de Pontevedra, “unha máis” que dá a razón á Deputación de Pontevedra, que desestima “integramente” o recurso contencioso-administrativo que o anterior goberno municipal do PP de Redondela, presidido por Javier Bas, interpuxo contra a exclusión do proxecto municipal presentado ao abeiro do Plan provincial DepoRemse.

A «Copa Deputación» masculina bate un novo récord con 128 equipos da provincia

A décimo terceira edición da Copa Deputación masculina de fútbol botou hoxe a andar coa celebración dos sorteos das eliminatorias da primeira ronda e do cadro de competición. Hoxe mércores tivo lugar no Edificio Administrativo o sorteo para os equpos da zona de Pontevedra, e o xoves 30 de xaneiro, ás 20.30h na Casa Galega da Cultura, no caso da zona de Vigo. Ambos actos estarán presididos por Gorka Gómez, deputado de Deportes.

O proxecto europeo «Agritox» no que participa a Deputación, estrea sitio web

O sitio web do proxecto europeo AGRITOX (http://agritox.eu), no que participa como socia a Deputación de Pontevedra, xa está en funcionamento para que quen o desexe poida consultar o labor que se está a levar a cabo entre as once entidades participantes na iniciativa. De feito, esta nova ferramenta conta cunha sección dedicada á Estación Fitopatolóxica de Areeiro.

Zona Franca promove acordos entre «VinoExterior» e importadores de China, México e Países Baixos

Promover os viños das denominacións de orixe galegas nos mercados de China, México e Países Baixos é o principal obxectivo da misión comercial inversa que a Zona Franca de Vigo está a organizar desde hoxe e durante tres días como os actos de peche do programa de VinoExterior, a aceleradora promovida polo Consorcio para impulsar a internacionalización das empresas do sector vitivinícola galego.

O Museo de Pontevedra renovará a súa imaxe corporativa cun concurso de ideas

O Museo de Pontevedra terá unha nova imaxe corporativa. Así se acordou hoxe na primeira reunión do Consello Asesor, quen resolveu por unanimidade renovar a identidade visual da institución para reflectir o momento de cambio e apertura que están a darse na institución así como para corrixir as súas actuais disfuncionalidades de uso.

«Voando nas Rías Baixas» inicia a súa andaina este domingo na enseada de San Simón

A Enseada de San Simón na ría de Vigo será o privilexiado escenario este domingo da primeira das rutas ornitolóxicas de 'Voando nas Rías Baixas', programa da Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO-Birdlife, que a través de cinco excursións guiadas permitirá ao público coñecer de xeito gratuíto a riqueza ornitolóxica da provincia de Pontevedra e poñer en valor o turismo medio ambiental e sustentable que ofrece o noso territorio.