Domingo, 11 Maio de 2025

É Noticia

Carmela Silva rexeita participar na apertura de curso 2020 da Academia Xacobea “inaceptable por machista e electoralista”

A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva amosou o rexeitamento a participar mañá, 3 de marzo, ás 18.00 horas, na sesión solemne de apertura de curso 2020 da Academia Xacobea. “Trátase dun acto inaceptable polo seu sesgo machista e electoralista”, indicou Silva, quen tamén amosou a súa indignación tras coñecer que a organización non contemplase que a única muller da mesa presidencial tivera voz.

Isaura Abelairas renuncia a súa acta de deputada provincial para concorrer ás eleccións do 5A

“Só vos pido que sigades loitando polo que credes que é xusto. Prometo seguir traballando pola igualdade, seguir aportando o necesario para que a sociedade sexa máis xusta”. Con estas palabras despediuse Isaura Abelairas no Pleno ordinario despois de ter presentado a renuncia con motivo da súa inclusión nas listas electorais para as Eleccións Autonómicas do próximo 5 de abril. O asunto foi engadido, como punto extraordinario, na orde do día da sesión plenaria.

‘Por nós, por todas’, lema da Deputación para un amplo programa de actividades “nun marzo brutal de igualdade”

Unha “espectacular e rompedora” instalación “con mensaxes que non deixarán a ninguén indiferente, que falará de mulleres poderosas e libres, e da nosa sororidade contra os negacionistas”, protagonizará o acto central que a Deputación de Pontevedra celebrará para conmemorar este ano o 8M. Así o anunciou hoxe a presidenta, Carmela Silva, quen avanzou esta iniciativa na presentación da extensa programación que a institución provincial vai desenvolver ao longo de todo o mes de marzo, e que este 2020 leva o lema “Por nós, por todas”.

Gonzalo Caballero cabeza de lista na candidatura socialista “para saír a gañar o 5-A”

O candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra para as próximas Eleccións Autonómicas. Así figura na proposta que o Comité Executivo Provincial acordou hoxe comunicar á Comisión Nacional de Listas para o seu ditame antes de ser aprobada mañá, xoves, polo Comité Nacional. As listas finais das catro provincias galegas terán o referendo final polo Comité Federal do próximo venres.

Oito de cada dez persoas que realizaron os cursos da Deputación de español para inmigrantes, aprobaron o exame DELE A2

Un 87,8% do alumnado que realizou os cursos de español para inmigrantes organizados no 2019 pola Deputación de Pontevedra aprobou o exame do DELE A2, unha proba que é requisito indispensable para que poidan solicitar logo a nacionalidade española e cuxa taxa de exame tamén asumiu a institución provincial no marco destas actividades formativas.

A Deputación aposta polo sector primario destinando 450.000 euros a confrarías, mariscadoras e cooperativas agrogandeiras

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras de dúas liñas de subvencións para investimentos no sector primario para este ano 2020, por un total de 450.000 euros. Por unha banda, cun orzamento de 250.000 euros, axudas ás confrarías de pescadoras e pescadores, á federación de confrarías e ás agrupacións de mariscadoras da provincia; e, pola outra, cun crédito total de 200.000 euros, subvencións dirixidas ás cooperativas agrogandeiras.

A Deputación destina máis de medio millón de euros a concellos e entidades nunha clara aposta pola igualdade

A Deputación de Pontevedra suma un investimento de 554.000 euros nas novas achegas que realizará a través de programas que teñen como destinatarios aos concellos e ás entidades da provincia, a fin de que poidan desenvolver accións en materia de igualdade. Un eido que, como reiterou a presidenta Carmela Silva, “é un eixo primordial desta administración provincial”.

O Goberno da Deputación reivindica a Rosalía como “guía” do futuro de Galicia e do pobo galego

O Goberno da Deputación, a través da presidenta Carmela Silva e da deputada de Lingua e Patrimonio María Ortega, reivindicou hoxe a Rosalía de Castro como “guía” do futuro de Galiza e do pobo galego. Así o fixeron no acto institucional organizado co gallo do Día de Rosalía –que se celebra o vindeiro luns– e coincidindo co Día da Lingua Nai que cada ano se conmemora de maneira internacional o 21 de febreiro.

A Deputación revalida o seu compromiso social co tecido asociativo da provincia

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, anunciou a convocatoria e as bases das axudas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia durante o ano 2020.

«Pontevedra Trail League», a nova aposta deportiva da Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou hoxe a primeira edición da Pontevedra Trail League, iniciativa deportiva que conta coa colaboración da institución provincial e que xuntará a tres probas de referencia na provincia como son o Trail Adventure Muíños do Folón, o Trail do Románico e o Trail do Trega. No acto estivo acompañada por Anxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal; Mónica González, concelleira de Deportes de Silleda; Montse Magallanes, concelleira de Deportes da Guarda; Gorka Gómez, deputado de Deportes, e Justi Peixoto, organizador da proba.

A Deputación promociona a Ruta das Camelias cunha visita guiada aos xardíns do Castelo de Soutomaior

A deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, participou hoxe nunha das visitas guiadas aos xardíns do castelo de Soutomaior co obxectivo de promocionar a 'Ruta das Camelias', un dos programas turísticos máis característicos da Deputación. O acto, ao que se sumaron os deputados e deputadas Noemí Outeda, Olga García Ballesteros, Victoria Alonso e Manuel González, contou coa presencia de varios visitantes, entre eles unha parella de turistas alemáns que está a percorrer a provincia.

«Camiño A Dentro» completa a súa posta en valor do Camiño Portugués con un catalogo de todas as accións artísticas

O proxecto 'Camiño a dentro', promovido pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia a través do programa 'O teu Xacobeo', pechouse esta mañá no Palacete de las Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, coa presentación dun catálogo e un vídeo-resumo de todas as accións enmarcadas nesta iniciativa.