O Concello de Nigrán continúa a presumir da súa natureza e talento nun mes de marzo adicado case por completo ao seu patrimonio natural e inmaterial. Este sábado estreará a súa primeira Feira da Natureza no Auditorio Municipal para que dez emprendedores e artistas poidan mostrar a toda a veciñanza o seu traballo.
Con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade, presenta a programación 'Baiona Lila 8M', que trae consigo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar en igualdade.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reforzou a aposta do goberno provincial polo fomento do turismo na provincia na presentación dunha nova edición da Festa da Arribada de Baiona. O evento, que se celebra na fin de semana do vindeiro 1 de marzo, chega a súa edición número 28 co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional e como unha referencia no destino turístico Rías Baixas.
O Concello de Nigrán investirá 33.000 € na rehabilitación da fonte do Pereiro (Camos) e os seus accesos como parte do seu plan para por en valor estes elementos de especial interese patrimonial e etnográfico.
O Concello de Baiona, a través da concellería de tecnoloxías, conseguiu que a fibra óptica chegue a Belesar. O proxecto levaba máis de tres anos paralizado. Desde o departamento municipal estívose xestionado intensamente coa teleoperadora encargada da zona para que puxesen en funcionamento este servizo tan importante para a veciñanza.
O Concello de Nigrán iniciou esta semanas as obras para crear unha praza pública de 371 m2 para a convivencia e a relaxación no espazo que comunica a Ponte Románica da Ramallosa e a Avenida de Portugal (PO- 340), aos pés do Río Miñor. O obxectivo é dar un xiro radical nesta contorna de gran valor patrimonial, natural e etnolóxica para que pase a ser unha zona senlleira de pausa e descanso no Camiño. Con este fin, o Concello ven de emprender os traballos adxudicados a Xestión Ambiental de Contratas cun orzamento de 114.726 € a cargo do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra.
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) e en colaboración coa Secretaria Xeral de Igualdade, organiza un curso de autodefensa persoal destinado a mulleres maiores de idade no marco as diferentes accións pola conmemoración do 8 de Marzo, Día da Muller.
Escolares de Camos e Chandebrito comezaron os traballos para crear unha gran área cortalumes natural no futuro parque forestal ‘Os Matos-Río Táboas’ do Concello de Nigrán. Así, o alumnado de 5 e 6 de Primaria do CEIP A Cruz e de 5 do Colegio Estudio plantou en 2 hectáreas situadas nun miradoiro na intersección das dúas parroquias 150 árbores autóctonas (nogueiras, sobreiras, cerdeiras, carballos, abeleiras e bidueiras) baixo a dirección da brigada mediombiental municipal e de axentes medioambientais da Xunta.
O Concello de Nigrán aforrará desde este 1 de febreiro máis de 300.000 € ao ano en electricidade tras contratar o subministro a través da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Concretamente, o Concello adheríuse á Central de Contratación da FEMP para formar parte do Acordo Marco ao respecto, sendo a empresa adxudicataria Iberdrola por un importe anual de 646.468'12 € (a duración do contrato podería ampliarse un ano máis, polo que a redución de custes superaría os 600.000 €).
A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor –OVALMI– e o Concello de Gondomar, traballan arreo para a celebración da Feira de Oportunidades do Val Miñor, 'Portobelo' que se celebrará o vindeiro domingo día 25 de febreiro na Praza Paradela de Gondomar e que, con esta, acada a súa décimo oitava edición.
Un grupo de 10 persoas participantes no obradoiro 'Coidando Miñor' promovido pola Xunta de Galicia e no que se están formando alumnado dos tres municipios do Valmiñor nas especialidades de limpeza de superficie e locais, desprazáronse ata o Pavillón Municipal de Deportes de Baiona para poñer en práctica o aprendido e facer unha limpeza a fondo das instalacións.
O Concello de Nigrán contabilizou preto de 275 341 estacionamentos de vehículos durante estes dous primeiros anos de reapertura do parking municipal e gratuíto da Ramallosa. Isto tradúcese en que a media de usuarios duplicouse ao pasar de preto de 300 vehículos diarios no 2022 a 600 no 2023. O consistorio asumíu o 5 de xaneiro de 2022 a súa xestión directa tras conseguir remunicipalizar esta infraestrutura que antes dirixía a concesionaria 'Estacionamientos Valle Miñor, S.L.', empresa liquidada e disolta no 2019.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.