O Concello de Baiona, a través da concellería de tecnoloxías, conseguiu que a fibra óptica chegue a Belesar. O proxecto levaba máis de tres anos paralizado. Desde o departamento municipal estívose xestionado intensamente coa teleoperadora encargada da zona para que puxesen en funcionamento este servizo tan importante para a veciñanza.
“O alcalde e o equipo de goberno de Baiona temos un empeño especial á hora de regular a xestión da fibra óptica no municipio. Conseguimos que chegue a Media Aldea pero o compromiso adquirido é que este servizo tan importante para a cidadanía sígase despregando por outras zonas de Baiona, é unha medida que tomamos porque sabemos que hoxe en día é un servizo básico na vida de calquera cidadán”, explica el alcalde, Jesús Vázquez Almuiña.
O rexedor municipal incide en que é coñecedor das necesidades noutros núcleos de poboación baioneses nas que existen “zonas escuras” como en Sopegal (Santa Cristina da Ramallosa ou Camiño do Valentón (O Burgo, Baíña) , en zonas nas que se está traballando para esixir á compañías distribuidoras que faciliten el acceso á veciñanza. Seguirase nesta liña de traballo para que o despregamento da fibra óptica continúe polas diferentes zonas das parroquias”.
O Vázquez Almuíña explica que “ata o de agora se falaba de accesibilidade sempre respecto a as estradas, os concellos e as parroquias estaban illados segundo fosen eses accesos. Hoxe en día xa non é así, internet e unha conexión de calidade a internet, é fundamental para comunicarnos coa nosa veciñanza e que os nosos veciños e veciñas poden teletraballar desde casa e facer calquera xestión telemática. No futuro, a maioría dos servizos que daremos ao cidadán faranse de maneira telemática; non ter acceso significaría estar en desigualdade e desde o Concello de Baiona estamos a traballar niso: é cuestión de tecnoloxía e tamén de igualdade de oportunidades “, finaliza.