Luns, 15 Setembro de 2025

Baiona

Baiona prorroga o contrato de Servizo de Atención a Domicilio

O Concello de Baiona vén de prorrogar, mediante unha resolución de Alcaldía, o contrato de prestación do Servizo de Atención a Domicilio que remataba este vindeiro luns 20 de abril. A decisión de prorrogar este servizo é unha competencia do Pleno da Corporación Municipal pero, as excepcionais circunstancias provocadas polo estado de alarma, fixeron precisa a adopción desta medida “tan extraordinaria como urxente”, explica o alcalde Carlos Gómez

Baiona agradece á empresa ‘Akiwater’ o préstamo de maquinaria para desinfección con ozono

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, agradeceu hoxe no seu nome e no de toda a Corporación Municipal, “o xesto solidario da empresa Akiwater” ao prestar ao Concello unha máquina de desinfección con ozono para utilizar no material que empregue o persoal municipal no desenvolvemento das súas funcións.

A Biblioteca de Baiona pon ao dispor de usuarios e usuarias un amplo abano de recursos online

A Biblioteca de Baiona, dependente da Concellería de Cultura que xestiona Miriam Costas Iriarte, desenvolve nestes días unha intensa actividade de cara a proporcionar, a usuarios e usuarias, recursos online que suplan o peche “físico” das instalacións por mor da alerta sanitaria do coronavirus.

Baiona reparte material de protección á Garda Civil, Protección Civil, GES Val Miñor e Centro de Saúde

O Concello de Baiona fixo entrega esta semana de diversos lotes de material de protección destinado a aquelas persoas que desenvolven o seu labor en traballos esenciais para a cidadanía, como son a Garda Civil, Protección Civil, GES do Val Miñor e persoal do Centro de Saúde. A entrega deste material, sinala o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, responde a “criterios de solidariedade con aqueles e aquelas que, por obriga, teñen que estar a pe de rúa atendendo ás necesidades das veciñas e dos veciños”.

Baiona pon en marcha un dispositivo de axuda ás persoas e colectivos máis vulnerables

O Concello de Baiona porá en marcha, a partir do mércores 25 de marzo, un dispositivo especial de asistencia “aos colectivos máis vulnerables”, tal e como deu a coñecer o alcalde Carlos Gómez quen, no anuncio desta iniciativa, estaba acompañado por Pedro Alonso, inspector xefe da Policía Local de Baiona e Iago Álvarez, do servizo de Protección Civil do Val Miñor.

Baiona e Nigrán decretan dous días de loito oficial polo naufraxio, en augas das Cíes, do Marsua J

O Concello de Baiona decretou onte dous días de loito oficial logo do naufraxio do Marsua J. acontecido nas Illas Cíes, suceso no que perdía a vida un dos dous mariñeiros da embarcación mentres que o segundo, o patrón, segue desaparecido. Pola súa banda, o Concello de Nigrán, ante a traxedia vivida onte no mar, anunciou a suspensión de todas as súas actividades festivas e culturais previstas namentres continúen os labores de busca de Jorge Emilio Martín Costas, mariñeiro de Panxón desaparecido no naufraxio do Marsua J.

O Campionato Galego de Optimist celebra as súas vodas de ouro en Baiona

Baiona acolle esta fin de semana a celebración das vodas de ouro do Campionato Galego de Optimist, que cumprirá os seus 50 anos de vida no Monte Real Club de Iates, o club que o viu nacer en 1970 coa organización da súa primeira edición. Cinco décadas despois daquel primeiro campionato, no que participasen 17 nenos e resultase gañador José da Gándara a bordo do “Canario”, o club baionés reunirá a uns 120 regatistas de clubs de toda Galicia nunha competición que se prolongará durante tres días.

O campión de España de J80, Javier Aguado, coloca ao «Alboroto» na cabeza da «Liga de Inverno»

O Alboroto converteuse na tarde do sábado, en Baiona, no primeiro líder da liga de Inverno J80 tras impoñerse ao resto de veleiros na xornada inaugural da competición que organiza o Monte Real Club de Iates. O veleiro armado por Juan Carlos Ameneiro e patroneado polo campión de España Javier Augado, logrou elevarse todo o máis alto da clasificación tras asinar un segundo e un primeiro posto nas dúas probas celebradas na baía.

Baiona acolle este domingo unha nova edición do Cros Escolar do Val Miñor

O antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabarís, Baiona, acollerá este domingo 19 de xaneiro a partir das 10:45 horas, o XXI Cros Escolar do Val Miñor, que este ano é proba de carácter oficial e clasificatorio para o Cros Escolar Provincial dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.

Baiona entrega os diplomas ás mulleres dos cursos de formación do Programa de Activación para o Emprego

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez e a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira, fixeron entrega esta mañá dos diplomas ás mulleres participantes nos cursos de Manipulación de Alimentos, Informática Básica e Atención ao Público, iniciativas que se desenvolveron ao abeiro do Programa de Activación para o Emprego.

Zona Franca realizará o Plan Estratéxico Económico para o Concello de Baiona

Cooperar na realización dun plan estratéxico que marque as liñas mestras das accións que se deben levar a cabo para o desenvolvemento de Baiona durante o próximos cinco anos foi o núcleo da reunión mantida entre o alcalde de Baiona, Carlos Gómez e o delegado, David Regades.

Canarias e Galicia manteñen a loita pola Liga Española de Vela

A 'Liga Española de Vela–Trofeo Loterías y Apuestas del Estado' enfilou este sábado a súa recta final en Baiona tras a celebración da segunda xornada de probas, nas que a tripulación do Real Club Náutico de Arrecife, que viña líder da primeira rolda, logrou manterse na cabeza.