13 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona e Nigrán decretan dous días de loito oficial polo naufraxio, en...

    Baiona e Nigrán decretan dous días de loito oficial polo naufraxio, en augas das Cíes, do Marsua J

    Contiuan as labores de procura do mariñeiro desaparecido, traballo ao que se sumaron pesqueiros de Baiona e Nigrán, mentres o Val Miñor suspende todos os actos festivos deste martes de Entroido

    O Concello de Baiona decretou onte dous días de loito oficial logo do naufraxio do Marsua J. acontecido nas Illas Cíes, suceso no que perdía a vida un dos dous mariñeiros da embarcación mentres que o segundo, o patrón, segue desaparecido. Pola súa banda, o Concello de Nigrán, ante a traxedia vivida onte no mar, anunciou a suspensión de todas as súas actividades festivas e culturais previstas namentres continúen os labores de busca de Jorge Emilio Martín Costas, mariñeiro de Panxón desaparecido no naufraxio do Marsua J.

    O Goberno que preside Juan González, que esta mañá tamén decretou dous días de loito oficial, trasladou á familia dos mariñeiros, en nome de toda a veciñanza de Nigrán, “o seu apoio e solidariedade” e, do mesmo xeito, expresou as súas condolencias e pesar “pola morte do seu compañeiro José Manuel Freire Leyenda, mariñeiro veciño de Baiona”. As bandeiras do concello de Nigrán ondearán, durante estes dous días, a media hasta como sinal de loito.

    A estas horas continúa aínda o dispositivo de procura do outro mariñeiro que tripulaba o Marsua J. e que continua desaparecido, labores que dificultadas polas pésimas condicións do mar. Os feitos acontecían cara as 16:40 horas de onte cando dende Confraría de Baiona alertababase ao 112 Galicia sobre a posibilidade de que o Marsua J. tivera algún tipo de contratempo xa que estaba prevista a súa chegada ao porto base ao mediodía e aínda non tiña chegado nin se tiñan noticias do mesmo pese aos intentos de contactar con eles por radio e mesmo por teléfono.

    O CIAE 112 Galicia daba aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia que mobilizaban á Salvamar Mirach e ao helicópterio Pesca I, respectivamente. Precisamente o Pesca I localizaba o corpo do mariñeiro falecido preto das Illas Cíes.

    O mariñeiro falecido foi trasladado ata o porto de Baiona, municipio que ten xa decretados dous días de loito oficial. A primeira hora do día de hoxe, martes 25 de febreiro, o operativo emerxencias retomaba as tarefas de procura do segundo tripulante do Marsua J.

    Aínda que, en principio, as tarefas concentrábanse na canle que separan as dúas illas, xa na tarde de onte ampliábase o radio de procura a un amplo radio ao redor das Illas sumándose as tarefas de rastrexo varios pesqueiros de Baiona e Nigrán.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.