12.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona entrega os diplomas ás mulleres dos cursos de formación do Programa...

    Baiona entrega os diplomas ás mulleres dos cursos de formación do Programa de Activación para o Emprego

    O 25 % das mulleres participantes xa atopou emprego ademais doutras que ainda están participando en procesos de selección

    O alcalde de Baiona, Carlos Gómez e a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira, fixeron entrega esta mañá dos diplomas ás mulleres participantes nos cursos de Manipulación de Alimentos, Informática Básica e Atención ao Público, iniciativas que se desenvolveron ao abeiro do Programa de Activación para o Emprego.

    Nos cursos, que se desenvolveron nos meses de novembro e decembro, participaron un total de 38 mulleres –18 no curso de Manipulación de Alimentos, 12 no de Informática Básica e 8 no curso de Atención ao Público–.

    A iniciativa posta en marcha pola Concellería de Igualdade co financiamento da Deputación de Pontevedra, tiña como obxectivo fomentar a inclusión social e laboral das mulleres do concello, especialmente daquelas pertencentes a colectivos con maiores dificultades.

    O traballo levado a cabo para mellorar a súa empregabilidade incluíu ademais destes cursos, 13 sesións de traballo grupal (con visitas a empresas, charlas de responsables de RRHH,…) 138 sesións de carácter individual e un intenso traballo de prospección coas empresas da zona.

    Todo isto deu como resultado que o 25 % das mulleres participantes xa atopou emprego ademais dalgunha outra que inda está participando en procesos de selección, ou que outras fosen seleccionadas en itinerarios formativos de longa duración.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.