Os postos da praza de abastos de Chapela repartirán bolsas de tea ecolóxicas proporcionadas polo Concello de Redondela nunha iniciativa que amosa a aposta do Goberno local polo comercio de proximidade e de calidade contrastada, e que se realizou con fondos europeos dentro da Estratexia DUSI.
O Concello de Redondela non celebrará a feira do vindeiro domingo 21 de febreiro, ao non “darse cambios significativos na evolución da COVID-19 no termo municipal”. O responsable de Feiras e Mercados, Vicente Lamas e a alcaldesa, Digna Rivas, lembran que a situación de Redondela “segue a ser a mesma que hai dúas semanas, cando se suspendeu a feira do día 6”.
A alcaldesa de Redondela Digna Rivas e o concelleiro de Parques e Xardíns, Alberto Álvarez, visitaron estaos xardíns da Xunqueira na zona situada na traseira do edificio dos xulgados, lugar onde o Concello realiza traballos de recuperación para dotar a Redondela dun novo espazo verde urbano para desfrute da cidadanía.
Persoal da Deputación de Pontevedra desenvolve, nestes días, traballos de mellora na rúa San Xoán de Arcal, traballos solicitados polo Concello de Redondela á administración provincial, ante o estado as numerosas deficiencias que presentaba esta vía, non só para o tráfico rodado, senón para a circulación de peóns.
O Concello de Redondela investirá ata final deste mandato, preto de cinco millóns de euros en distintas actuacións desenvolvidas ao abeiro da Estratexia DUSI, un programa que comezou no 2016 e que busca implementar accións que convertan Redondela nunha cidade amable, conectada e competitiva, tomando o patrimonio ambiental, histórico e cultural como eixe vertebrador da actividade económica, tanto no propio modelo de desenvolvemento sustentable da cidade como modelo de intervención do espazo público.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, mantivo na mañá de hoxe unha reunión telemática co director xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, para tratar sobre a construción da Escola Infantil na finca da Ginaria, en Chapela.
O BNG de Redondela saíu hoxe ao paso da petición do PP local dunha reunión do Consello de Administración da Radio Municipal para tratar a situación do persoal do mesma e cualificou a postura dos populares como "un novo caso de ridículo político".
O Concello de Redondela ultima os traballos para abrir, nas vindeiras datas, o que será o primeiro parque de calistenia do muncipio, unha modalidade de exercicio cada vez máis solicitada e na que só se utiliza o peso corporal seguindo diferentes táboas.
O pasado ano, marcado pola irrupción da pandemia da Covid-19 e a crise económica que a acompañou - e que aínda se deixa sentir-, o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo - A Guarda continuou a traballar no fomento do tecido socioeconómico dos municipios da súa área de influencia (Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda).
O Programa de Emprego de Redondela, que se desenvolveu durante o último ano e no que participaron 100 persoas –54 mulleres e 46 homes– pechou a súa andaina cunha inserción laboral do 60 %, datos que aínda son máis salientables ao tratarse dun ano absolutamente atípico marcado por unha pandemia.
Por primeira vez na historia do Entroido de Redondela, o Meco –figura representativa desta festa e que da forma á crítica mordaz sobre temas que durante o ano teñan sido actualidade–, presentará dúas novidades. Por unha banda cambia a sátira por unha mensaxe á cidadanía de forza, unidade e esperanza logo dun ano de pandemia. Doutra banda, por primeira vez no Entroido de Redondela e debido ao carácter permanente da mensaxe que quere transmitir, o Meco non será queimado e por iso foi confeccionado con materiais duradeiros e será colocado nun lugar ben visible.
O Consello Municipal da Infancia e Adolescencia de Redondela, que nestes momentos está formado por 10 nenos, nenas e adolescentes do municipio, vén de facer un chamamento á rapazada do municipio para que sumen a esta iniciativa que, dúas veces ao mes, pon enriba da mesa todas aqueles temas “que poden ser de interese para a infancia e adolescencia do noso concello e para traballar en acadar melloras”, sinalan no seu escrito.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.