7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Concello reafirma a súa aposta polos mercados de abastos como dinamizadores...

    O Concello reafirma a súa aposta polos mercados de abastos como dinamizadores do comercio de proximidade

    Os postos da praza de abastos de Chapela repartirán bolsas de tea ecolóxicas proporcionadas polo Concello de Redondela nunha iniciativa que amosa a aposta do Goberno local polo comercio de proximidade e de calidade contrastada, e que se realizou con fondos europeos dentro da Estratexia DUSI.

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitou a praza de Chapela para facer entrega das bolsas, pizarras para que os postos poidan amosar os seus prezos e unha pizarra para uso informativo da praza de abastos.

    Esta estratexia de comunicación e promoción, forma parte das actuacións promovidas polo Goberno local na posta en valor dos mercados de abastos “como elementos imprescindibles para a dinamización non só da contorna na que se atopan, senón do municipio”, explica a alcaldesa de Redondela.

    Nesta dinámica de apoio ao comercio local considerada polo Goberno de Redondela como “imprescindible” para a reactivación económica, o Concello desenvolverá distintas iniciativas que contribúan a mellorar a competitividade do comercio de proximidade.

    Digna Rivas, lembrou “que tan só nas dúas prazas de abastos –Redondela e Chapela– investirase máis de 500.000 euros de fondos europeos para convertelas nunhas infraestruturas modernas e multifuncionais”

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.