Luns, 15 Setembro de 2025

Redondela

Emotivo recoñecemento ás protagonistas de ‘Ostras. O Peche do mar’

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy presentou o pasado sábado na illa de San Simón o documental 'Ostras. O Peche do mar'. O acto contou con 300 persoas que encheron o auditorio e, entra elas, algunhas das protagonistas deste capítulo da historia de Redondela acontecido na praia de Cesantes entre finais de 1955 e inicio de 1956.

A Xunta segue sen comunicar ao Concello a resolución sobre a subvención para contratar persoas desempregadas para labores de promoción turística

O Goberno municipal de Redondela que preside a socialista Digna Rivas lamentou “habitual dinámica do PP local de terxiversar as informacións coa clara intención de confundir e enganar á cidadanía” ao afirmar que o Concello perdera unha subvención de 18.000 euros para a contratación de socorristas e “delegue” esa función nunha empresa privada.

Redondela celebra no cupón da ONCE a súa Festa da Coca

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o director da ONCE en Vigo, Roberto Gaspar Conde, director da ONCE en Vigo, acompañados pola concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, presentaron esta mañá a imaxe do cupón que, no sorteo do vindeiro 8 de xuño, será o encargado de difundir a Festa da Coca de Redondela.

Inauguración de «Vidas perdidas» exposición organizada polo grupo de Participación Xuvenil e Adolescente ‘Axentes do Cambio’

Dende este pasado venres Redondela acolle no Multiúsos da Xunqueira e ata o vindeiro 30 de xuño, a primeira exposición organizada e coordinada por Axentes do Cambio, o Grupo de Participación Infantil e Xuvenil do Concello de Redondela.

O Museo acolle o sábado un ‘Vieiro polo Museo de Pontevedra con Florencio Delgado’

O Museo de Pontevedra vai acoller o vindeiro sábado 11 de xuño un ‘Vieiro polo Museo de Pontevedra con Florencio Delgado’. Trátase dun percorrido pola traxectoria vital e literaria do autor protagonista este ano do Día das Letras Galegas guiado por Polo Correo do Vento.

Os seis libros sobre as parroquias de Redondela pódense descargar, gratuitamente, dende a web do Concello

A web do Concello de Redondela ofrece, dende hai uns días, a posibilidade de descargar, de xeito totalmente gratuíto, os libros editados polo Servizo de Normalización Lingüística e nos que se recollen interesantes datos sobre a historia e patrimonio das parroquias do municipio.

Justo Fernández, Iván Carballo, Lucas Muller e Fátima Betegón, campións galegos de kitesurf

Fin de semana de dez na enseada de San Simón. Este domingo finalizou con éxito o primeiro Campionato Galego de kitesurf, proba organizada polo TMKiteClub e o Concello de Redondela por delegación da Real Federación Galega de Vela e co patrocinio de Padthaiwok, Aceites Abril e Nosatún.

Redondela recupera o pulo turístico que tiña antes da pandemia e medra no número de visitantes

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, amosou hoxe a súa satisfacción pola “dinámica positiva” que experimenta o turismo en Redondela, unha tendencia á alza que vén referendada polos datos ofrecidos pola Oficina Municipal de Turismo.

Redondela presenta a programación das Festas da Coca 2022 que se celebrarán entre o 15 e 19 de xuño

“Volvemos con forza, deixamos atrás tempos tristes e, por fin, podemos volver a desfrutar da nosa Festa da Coca nas rúas e coas nosas veciñas e veciños”, asegurou a alcaldesa de Redondela Digna Rivas no acto de presentación do programa da Festa da Coca 2022, celebrado na mañá de hoxe na Praza do Concello.

Cesantes pon en xogo o Campionato Galego de kitesurf esta fin de semana

A tempada de kitesurf en Galicia non podía comezar de mellor maneira. A enseada de San Simón acolle esta fin de semana a primeira regata oficial de 2022, e faio poñendo en xogo o primeiro Campionato Galego que disputa a clase en formato regata.

Comezan as obras de rehabilitación integral do edificio do antigo conservatorio de Redondela

O Concello de Redondela iniciará, nesta semana, as obras de rehabilitación integral do edificio do antigo conservatorio, situado na rúa Isidoro Queimaliños, traballos que teñen un prazo de execución aproximado de 6 meses e se inclúen nas liñas establecidas para a rehabilitación e mellora do patrimonio histórico e cultural e a creación de novos espazos culturais.

Ata o 2 de xuño terán de prazo os interesados para participar de xigantes ou cabezudos nas Festas da Coca 2022

O Concello de Redondela mantén aberto o prazo para que, as persoas interesadas en participar como xigantes ou cabezudos nas Festas da Coca 2022, poidan presentar a súa solicitude.