Luns, 30 Xuño de 2025

Redondela

Todo disposto para que os Reis Magos percorran as rúas de Redondela

As Súas Maxestades de Oriente non faltarán esta tarde á súa cita coa veciñanza de Redondela. Logo de recibir a ducias de nenos e nenas esta mañá na carpa do campo da feira na súa cabalgata estática, esta tarde sairán á rúa.

Redondela executou neste ano máis de 5,4 millóns de euros dos fondos europeos Edusi o que representa un 87 % do programa

O Concello de Redondela executou neste ano 2023 máis de 5,4 millóns de euros das axudas europeas de fondos EDUSI (5.432.801,84 €) nos diferentes proxectos subvencionados. Estes fondos da UE serviron para facer realidade importantes obras, mellorar infraestruturas municipais e poñer en marcha novos servizos tecnolóxicos para a cidadanía. Os traballos realizados supoñen un investimento total de 5.432.801,84 €, o que representa unha porcentaxe total do 87 % do programa.

O Concello de Redondela amplía o horario de atención ao público da alcaldesa e os concelleiros

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e os concelleiros do Grupo de Goberno amplían o seu horario de atención ao público co fin de que a veciñanza teña máis doada a posibilidade de trasladarlles as súas preguntas, queixas ou suxestións.

Redondela contará coa mellor cabalgata da historia con seis carrozas e personaxes de conto

Os Magos de Oriente estarán o día 5 de xaneiro en Redondela ao longo de todo o día. Co gallo da previsión de chuvia para o día de mañá os Reis recibirán aos nenos e nenas nunha carpa instalada no campo da feira de 11.00 h a 13.30 horas. Xa pola tarde, se o tempo o permite, realizarase a cabalgata itinerante polas rúas de Redondela dende as 18:00 h. En caso de choiva as carrozas manteranse na carpa do campo da feira de 17:30 h a 20:30 horas. Na carpa haberá moitas actividades, animación e sorpresas para que os máis pequenos poidan vivir a maxia do día de Reis.

A Orquestra de Saxos de Redondela ofrece un concerto de Aninovo ao estilo vienés

A Orquestra de Saxos de Redondela, do conservatorio municipal, ofrece o próximo luns 1 de xaneiro o seu Concerto de Aninovo 2024. Os máis de 40 membros desta formación musical interpretarán os tradicionais valses de Strauss, polcas e outros temas clásicos.

Redondela celebra festas pre fin de ano con badaladas e uvas solidarias

Redondela despedirá o ano de xeito anticipado e por partida dobre con dúas grandes festas. Na noite de hoxe venres, 29 de decembro, haberá festa pre fin de ano en Chapela coa orquestra Olympus no paseo marítimo a partir das 22:00 horas.

Máis de 500 escolares e familias participaron nos programas organizados por Érguete e o Concello de Redondela

No marco do programa de colaboración entre a asociación Érguete e o Concello de Redondela, ao longo deste ano 2023 leváronse a cabo diferentes proxectos destinados á infancia, adolescencia e familias.

O Concello de Redondela aprobará o PXOM en 2024

O Concello de Redondela levará o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal para a aprobación inicial no pleno no primeiro trimestre de 2024. A alcaldesa, Digna Rivas, informa que despois de recibir os informes sectoriais e axustado o documento do PXOM polo equipo redactor, “acaba de presentarse o documento no Concello para a aprobación inicial”.

O alumnado do Programa de Emprego de Hostalaría e Cociña brilla na recepción de Nadal do Concello

O alumnado traballador do Programa de Emprego de Redondela TIC III, na modalidade de Hostalaría e Cociña, traballou moi duro xunto as súas mestras para presentar o seu primeiro traballo: a preparación e servizo dos petiscos de Nadal do Concello de Redondela.

Traballadores de locais de ocio nocturno fórmanse contra a violencia sexual en Redondela

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela celebrou dúas sesións do programa “Fóra agresións” no que se ofreceu formación para a prevención, detección e acompañamento nas violencias sexuais nos locais de lecer nocturno.

Panxoliñas, Papanoelada moteira e teatro esta fin de semana en Redondela

A programación de Nadal do Concello de Redondela ofrece esta fin de semana actividades para todos os públicos

A programación de Nadal leva ao auditorio da Xunqueira “A cazola de Lola”

A compañía redondelá Tanxarina é unha das grandes apostas da programación de Nadal do Concello. Baseado no conto “La petite Casserole d’Anatole”de Isabelle Carrier, Tanxarina fai unha nova lectura onde a protagonista é unha moza.