Mércores, 20 Agosto de 2025

Comarcas

Aberto o prazo para presentar as solicitudes de axudas económicas con cargo ao “Plan Porriño Impulsa”

Desde esta mañá xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para recibir axudas económicas directas con cargo ao “Plan Porriño Impulsa”, que dispón dun fondo de 140.000 € aportados polo Concello e pola Deputación. As bases e os impresos das solicitudes xa están dispoñibles na páxina web do Concello.

O Concello de Nigrán resolve as primeiras axudas á hostalería e leva a pleno un segundo plan de axudas para o sector do Taxi

O Concello de Nigrán concedeu finalmente axudas directas ao sector hostaleiro de entre 1.115 € e 1.085 € a un total de 33 a empresas e 23 autónomos, e de 750 € a 2 traballadores por conta allea sen ingresos.

O vindeiro domingo arrinca en Redondela unha nova edición de ‘Artelixo’

O vindeiro domingo 18, o colectivo 'Artelixo' de Redondela inaugura unha nova edición do seu festival, que se celebrará na vila dos viadutos e parroquias desde o sábado 17 até o venres 23 de abril. Coma todos os anos, este ecofestival creará un museo ao aire libre coas obras inscritas feitas con materiais de refugallo. Todas elas encheran as rúas da vila e os escaparates dos comercios para concienciar sobre a necesidades de coidar o medio ambiente.

A foto de Aroa Pérez Cabaleiro do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, entre as mellores do concurso ‘Pegadas do mar e da terra’

O Museo de Pontevedra resolveu onte o concurso fotográfico xuvenil dirixido a mozas e mozos de ESO ou Bacharelato ‘Pegadas do mar e da terra’, baseado na exposición de José Suárez. A participación foi todo un éxito xa que inscribíronse un total de 80 estudantes procedentes de 14 centros (13 da provincia de Pontevedra e 1 de Lugo), concretamente de Catoira, Marín, Cangas, Soutomaior, Sanxenxo, Vilaboa, A Estrada, Vilagarcía, Pontevedra, Bueu, Vigo e Tui.

O Concello de Tui crea o Foro do Camiño Portugués

O Concello de Tui continua avanzando no impulso de iniciativas a prol do Camiño Portugués ao entender que esta ruta xacobea é un dos principais recursos patrimoniais e turísticos do concello. Neste senso pon en marcha unha iniciativa denominada 'Foro do Camiño Portugués' co obxectivo de realizar cada mes unha charla sobre temáticas xacobeas relacionados coa peregrinación polo Camiño Portugués. Trátase dunha sesión presencial pero retransmitida en liña, en tui.gal, para favorecer o acceso de todos os interesados.

Mos acolle o sábado o Campionato Galego de Solo Danza, Parellas de Danza e Parellas de Artístico 2021

Onte tivo lugar no Concello de Mos a presentación do Campionato Galego de Solo Danza, Parellas de Danza e Parellas de Artístico 2021 organizado polo Club de Patinaxe Artístico Rosaleira de Mos (coa colaboración do Club Patín Vagalume Celtamotor) que se celebrará o vindeiro sábado, 17 de abril, ao longo de todo o día no Pavillón Óscar Pereiro.

A Guarda impulsa o emprego coa contratación de 13 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos da Deputación

Na mañá de onte xoves día 15 de abril de 2021 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Persoal, Montserrat Magallanes e o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español; deron a benvida aos 13 novos traballadores que se veñen de incorporar recentemente grazas á Liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

A reforma integral do mercado do Rosal afronta a súa recta final

A reforma integral do mercado municipal do Rosal chega á súa recta final. A alcaldesa rosaleira, Ánxela Fernández Callís, visitou esta semana as obras acompañada dos arquitectos responsables do proxecto para ver in situ a evolución desta primeira fase da remodelación das instalacións, que comezou o pasado mes de xaneiro co obxectivo de recuperar un edificio emblemático dos anos 50 e converter a praza de abastos nun espazo vivo que funcione como locomotora económica e social do núcleo urbano.

O Concello mellora o firme do camiño da Pega, en Chapela, atendendo unha demanda da veciñanza da zona

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Redondela, que xestionan Vicente Lamas, vén de dar por rematados os traballos de mellora de firme do Camiño da Pega, en Chapela, una obra longamente demandada pola veciñanza da zona é a que agora o Goberno local da cumprida resposta.

Eva García considera necesaria “unha investigación” por presuto delito “de falsidade” no asunto das firmas dos concelleiros do PP

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre considera que o asunto das firmas dos concelleiros do PP solicitando un pleno extraordinario, precisa dunha investigacón polo que podría ser un delito de falsidade. Cómpre lembrar que o portavoz popular, Alejandro Lorenzo, solicitou un Pleno Extraordinario, que lle foi denegado despois de apreciarse que, segundo o Concello porriñés, "respecto da acreditación da identidade, firma e declaración do resto de concelleiros, só consta un garabato ou simulacro de firma ao final do documento”.

Arbo aposta pola compostaxe repartindo de balde 50 composteiros entre a veciñanza

O Concello de Arbo, vai a recibir de SOGAMA 50 composteiros que teñen por obxecto estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo. O obxetivo é por unha parte, reforzar a mensaxe dos beneficios do compostaxe caseiro, e por outra banda, apostar polo compostaxe a fracción orgánica producida nas vivendas e reducir a entrada no circuíto de xestión do lixo do concello de calquera tipo de residuo orgánico biodegradábel.

O Porriño impulsa a recuperación da Memoria Histórica

O Porriño desenvolverá, esta fin de semana, distintos actos no marco da recuperación da Memoria Histórica, iniciativa que está poñer en marcha a Concellería de Cultura dirixida pola nacionalista Cami Moreira. Os actos previstos son, "un punto de partida" cara a outros proxectos dirixidos á recuperación da memoria histórica, como será a realización dun documento sonoro que recolla a narración das persoas que viviron a dura represión franquista.