Venres, 19 Setembro de 2025

Comarcas

Redondela abre as portas da Oficina de Turismo e do Meirande no inicio dunha nova tempada turística

Redondela deu por iniciada oficialmente a tempada turística coa apertura da súa Oficina de Información, na rúa Isidoro Queimaliños, e o Centro de Interpretación da Batalla de Rande, Meirande.

O alcalde de Baiona propón a Lugove a creación dunha app para as persoas usuarias do transporte público

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse cos responsables da empresa LUGOVE, concesionaria do transporte regular de pasaxeiros entre Baiona e Vigo, para trasladarlles a posibilidade de que entre a empresa concesionaria e a Xunta puidesen implantar unha app que dese ás perdoas usuarias información en tempo real sobre a localización dos autobuses.

A Guarda celebra o Día do Libro con descontos nas librerías, programación cultural e a ‘IV Ruta do Libro’

O vindeiro 23 de abril celébrase o Día internacional do Libro e na Guarda unímonos a esta celebración a nivel mundial con variadas actividades entre as que destacan principalmente o desconto do 10 % en libros durante todo o día nas librerías Cervantes, Atlántica, Ideas e Ler, así como o inicio da IV Ruta do Libro.

A cantante Su Garrido Pombo pecha o ciclo musical Petiscos en Igualdade de Redondela

Susana Garrido Pombo será a encargada de pechar o ciclo musical ‘Petiscos en Igualdade’ organizado polo Concellería de Igualdade. O seu concerto, incluído na programación co gallo do 8M, tivera que adiarse por mor da chuvia. A actuación será o domingo 21 de abril a partir das 12.00 horas na Alameda Castelao.

A ‘IX sestelo-Clásica Álvaro Pino’ homenaxeará ao exciclista ponteareán Jesús Carballido

O Concello de Ponteareas continúa apostando polas actividades que impulsan o deporte no municipio e, nesa liña, presentou na tarde de onte a novena edición da proba ciclista ‘Sestelo-Clásica Álvaro Pino’. O evento tivo lugar nos Xardíns da Xiralda e nel participaron a alcaldesa, Nava Castro; o edil de Deportes, Luis Rodríguez; a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez así como o presidente do GDR, Pablo Castillo e os ciclistas Óscar Mosquera, Jesús Carballido e Álvaro Pino. Tamén participou no acto Roberto Álvarez, do Grupo Sestelo.

O Concello de Redondela mantense firme na necesidade de recuperar o cargadoiro Coto Wagner

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, mantiveron hoxe unha reunión na Casa do Concello de Redondela, a primeira dende que Botana tomou posesión como presidente do Porto vigués en xullo do ano pasado.

O Kiwi Atlántico-Creaga presenta o seu reforzado equipo para esta tempada

O Club Master Louriña presentou hoxe ao seu equipo feminino, o Kiwi Atlántico-Craega. Ao acto de presentación acudiron o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, o presidente do Club Master Louriña, Juan José Álvarez, a directora nacional do equipo, Sonia Pariente, e o responsable do principal patrocinador Kiwi Atlántico, Rafa Pérez.

Máis dun milleiro de nenos e nenas participan na Alameda de Redondela no proxecto escolar ‘Espallar Tinta’

Un total de 1.045 alumnos e alumnas dos diferentes centros de ensino de Redondela participan esta semana no programa Espallar Tinta. A Alameda de Castelao acolle desde hoxe luns e ata o o mércores esta actividade na que participan os colexios de Educación Primaria e Infantil de Redondela para promover a dinamización da escritura e a literatura na infancia.

Tomiño dá os primeiros pasos para adherirse a Atenpro, un servizo de atención ás vítimas de violencia de xénero

Tomiño continúa a súa loita contra a violencia de xénero. O Concello xa está a dar os primeiros pasos para adherirse a Atenpro, un servizo de atención ás vítimas de violencia de xénero que ofrece ás usuarias protección e atención inmediata ante as posibles eventualidades que poidan sufrir as 24 horas ao día os 365 días ao ano.

Aemos demanda que o aumento de recadación de impostos minicipais reflíctase “en mellores servizos e infraestruturas”

A recente decisión do Concello de Mos de regularizar o padrón para o pago da taxa por recollida de residuos sólidos urbanos, xunto co incremento impositivo sufrido estes últimos anos e que afecta directamente o tecido empresarial, reactivaron a demanda da Asociación de Empresarios de Mos de que este tipo de medidas teñan un claro reflexo na mellora de servizos e infraestruturas municipais.

‘Obradoiro de Perfumes vexetais’, próxima entrega do ciclo Sostendo o Futuro en A Guarda

O Concello da Guarda organiza o ciclo medioambiental Sostendo o Futuro na súa cuarta edición, iniciativa que comprende roteiros, observación e outras actividades de contido de coñecemento do medio natural ao longo do presente ano.

Ponteareas organiza visitas aos ‘chiringuitos’ da Freixa para as persoas interesadas na súa explotación

O Concello de Ponteareas organiza varias visitas aos “chiringuitos” da Freixa para aquelas persoas que estean interesadas en presentar as súas solicitudes poidan obter información de primeira man. Serán o luns 15 e martes 16 de abril desde as 10:00 horas ata as 12:00 horas e non é necesaria inscrición previa.