Martes, 15 Xullo de 2025

Comarcas

Nigrán aproba, por unanimidade, a modificación das Normas Susidiarias

O Concello de Nigrán, a través de dúas mocións do goberno, deu luz verde por unanimidade no pleno ordinario de hoxe e tras décadas sen actualizar á modificación das normas subsidiarias do planeamento (vixentes dende 1991) e do inventario de viais públicos (vixente dende 1999).

Os traballadores de Vulcano que «peregrinan» a Santiago fan un alto en Redondela

Os traballadores do estaleiro vigués de Vulcano que hoxe saían de Vigo para percorrer, en catro etapas o Camiño de Santiago ata a capital Galega e que hoxe faran noite en Redondela, mantiveron ao mediodía unha xuntanza co equipo de Goberno redondelán encabezado pola súa alcaldesa Digna Rivas.

Mondariz prepárase para unha nova edición de «Outono en Son»

O festival de música coral «Outono en Son» regresa este primeiro fin de semana de outubro a Mondariz para mostrar, por terceiro ano consecutivo, o rexuvenecemento e a orixinalidade deste xénero. A terceira edición do evento, promovido polo coro galego Mistura Vocal, conta coa colaboración do Concello de Mondariz.

A Ludoteca Municipal de Ponteareas comeza as súas actividades

A ludoteca municipal de Ponteareas, dependente da concellería de Benestar Social que dirixe Verónica Carrera, vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que o mates, 1 de outubro, comeza a actividade abrindo as súas portas de 16 h a 20 horas de luns a venres.

Ponteareas acollerá en outubro seis nova accións do «Smartpeme»

A Deputación de Pontevedra programou para este mes de outubro seis novas accións formativas do programa «Smartpeme» que comezan mañá en Ponteareas. Estas sesións están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade.

Exposición do Censo Electoral da Guarda

Entre os días 30 de setembro e 7 de outubro, ambos inclusive, poderán consultarse na oficina do padrón municipal as listas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións Xerais do vindeiro 10 de novembro.

O Esteiro da Foz, 800 quilos máis limpo

O Concello de Nigrán sumouse por quinto ano consecutivo este domingo ao 'Proxecto Móllate polos Ríos', coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrou no Esteiro de A Foz, desembocadura do río Miñor, onde se retiraron preto de 800 kg de lixo na 'XII Limpeza Simultánea' en toda Galicia.

Defendendo o Tea retira preto de media tonelada de lixo do río

Un ano máis, e xa van once, «Defendendo o Tea» quixo facer gala ao seu nome e formou parte activa do Proxecto Ríos de Adega e da súa iniciativa de limpeza simultánea de ríos. Vinte e catro persoas, entre elas sete nenos e nenas, amosaron que con vontade se poden facer grandes cousas e foron quen de retirar entre 450 e 500 quilos de lixo.

Redondela acolle a primeira charla da iniciativa da Deputación «Tempo de Saúde»

A Deputación de Pontevedra retoma o programa de conferencias «Tempo de Saúde» que comezará mañá, 1 de outubro, cunha charla no concello de Redondela á que asistirá a deputada provincial de Cohesión Social, Olga García Ballesteros. Esta primeira cita terá lugar ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira e versará sobre os «Trastornos obsesivos e ansiedade».

Todo preparado para a ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’

O programa da ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’, que como cada ano ten As Neves coma escenario, empeza este mesmo xoves, 3 de outubro, e seguirá, con diferentes propostas e actividades, ata o vindeiro día 12. "O obxectivo é xerar ao redor desta festa unha ‘cultura’ dos sabores, tanto dos propios desta cita enolóxica, coma gastronómicos, culturais ou paisaxísticos", asegura o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

O CB Nigrán presenta os seus equipos para a nova tempada

O Club Baloncesto Nigrán celebrará o vindeiro sábado, 5 de outubro ás 18 horas e no pavillón de Panxón, aos equipos para a nova tempada 2019/2020. O club de Nigrán presentará un total de 11 equipos que participarán en todas as categorías, dende a baby ata a sénior.

Nuno Costa e Paula Mayobre impóñense na «15k do Atlántico»

Nuno Costa e Paula Mayobre foron os gañadores da '15 K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño Portugués dá Costa' que se disputou entre Oia e A Guarda cun paso polo Rosal. Eles figuraban dentro do grupo de favoritos a impoñerse nunha proba consolidada dentro desta especialidade atlética e que reuniu a case 500 participantes.