Domingo, 20 Xullo de 2025

Comarcas

A Guarda reestrutura o seu goberno trala saída do BNG

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, nomeou mediante una resolución de alcaldía aos concelleiros e concelleiras que terán que ocupar as distintas áreas municipais logo da ruptura do pacto de goberno entre o PSOE e o BNG. Na mesma liña, o Boletín Oficial da Provincia, BOPPO de onte, publicaba a nova composición da Xunta de Goberno.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza «Deporte para todas as persoas»

A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza unha xornada deportiva no marco do programa 'Deporte para todas as persoas', con xogos deportivos e tradicionais, andaina curta (paseo) e aula de Pilates. Será o vindeiro domingo, 27 de outubro, no Parque do Castelinho (Vila Nova de Cerveira) de 10 a 13 horas (hora galega).

Ponteareas oferta un obradoiro gratuíto de fotografía na natureza

A concellería de Mocidade do Concello de Ponteareas, que dirixe Miguel Bouzó, anima a todos os mozos e mozas a participar no obradoiro de fotografía na natureza, unha iniciativa que nace coa intención de poñer en valor o patrimonio natural ponteareán e, ao mesmo tempo, ofrecer á mocidade alternativas de formación e lecer.

Concello e «Mecalia Atlético Guardés» asinan un convenio de colaboración

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o presidente do 'Mecalia Atl. Guardés', José Manuel Silva, asinaron na mañá deste luns día 21 de outubro un convenio de colaboración mediante o cal se promove, fomenta e incentiva a práctica deportiva do balonmán de base e de alta competición cunha subvención de 35.000 €.

O Goberno de Nigrán pedirá no pleno a integración de POVISA no Sergas

O goberno municipal de Nigrán proporá no vindeiro pleno ordinario do 28 de outubro que toda a corporación aprobe unha declaración institucional do Concello na que se pida a futura integración do Hospital Povisa na rede pública do SERGAS. O propio alcalde de Nigrán, Juan González, mantivo esta semana un encontro con representantes dos traballadores, que se mostraron moi inquedos tras a venda deste centro sanitario a un grupo de EEUU.

«Cata de viños novos e maceracións carbónicas» na Casa Cultural de Arcos

No marco da VI edición da Feira de Outono que se celebra na Casa Cultural de Arcos, o vindeiro sábado, 26 de outubro ás 20:30 horas, terá lugar unha «Cata de viños novos e maceracións carbónicas», actividade que se fará coa colaboración de Templum Sensibus Viñoteca.

Nigrán acolle unha charla de Inma López sobre a súa novela «Memorias de cidades sen luz»

Concello de Nigrán e Instituto de Estudios Miñoranos ofrecen mañá mércores ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a charla de Inma López sobre o seu libro 'Memorias de Cidades sen Luz', enmarcada na programación especial da 'Volta das Nove'.

Eva García lamenta que “por quinto ano consecutivo” os Orzamentos da Xunta destinen

A alcaldesa, Eva García de la Torre denunciou hoxe que “por quinto ano consecutivo castigase a Porriño con cero euros de inversión nos Orzamentos Xerais de Galicia”. Segundo o proxecto presentado pola Xunta ante o Parlamento, non aparecen ninguna partida orzamentaria para Porriño para 2020.

O Convento de SanPayo, en Cerveira, exhibe unha mostra de arte transfronteiriza asinada por estudantes

Como resultado do proxecto gañador do orzamento participativo transfronteirizo de Cerveira-Tomiño en 2019, preto de 200 nenos de ambos municipios desenvolveron conxuntamente unha actividade que combinou arte e natureza nun espazo cargado de singularidade ao longo dunha semana.

Mondariz modifica o Orzamento para cubrir gastos básicos

O Concello de Mondariz celebrou o venres una sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Municipal que incluía na orde do día unha proposta de modificación orzamentaria para transferir créditos a partidas relacionadas cos gastos básicos que resultou finalmente aprobada por valor de 21.605,68 euros.

Salvaterra de Miño organiza diversas actividades con motivo do Samaín

O vindeiro xoves, 31 de outubro, o Concello de Salvaterra de Miño celebrará o Samaín con actividades para todas as idades que terán como punto de encontro a Praza do Concello.

Ultimos días de inscrición para o obradoiro de «Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio»

O Concello da Guarda acollerá o obradoiro de emprego 'Manuel B. Portela VI' de 'Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio', aprobado recentemente pola Xunta de Galicia e que consiste nun programa mixto de emprego e formación no que os participantes acadarán un certificado de profesionalidade.