O Concello da Guarda acollerá o obradoiro de emprego ‘Manuel B. Portela VI’ de ‘Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio’, aprobado recentemente pola Xunta de Galicia e que consiste nun programa mixto de emprego e formación no que os participantes acadarán un certificado de profesionalidade.
A finalidade do obradoiro e mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas posibilitando ao alumnado a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación para o emprego recibida, busque a súa cualificación profesional e inserción laboral nun sector, o asistencial, con unha importante demanda.
A duración do obradoiro será de 9 meses e contará cun investimento de 336.446 €. Os participantes terán un contrato de formación durante a duración do obradoiro.
A selección de candidatos remata xa este mércores e realízase a través do INEM e, dado que se trata dunha formación de nivel II, os inscritos como demandantes deberán ter a titulación de graduado na ESO.
Este obradoiro forma parte da Axenda 20 para o Emprego que inclúe, entre os seus obxectivos, mellorar a formación, capacitación e especialización dos traballadores ao longo da vida laboral.