O vindeiro xoves, 31 de outubro, o Concello de Salvaterra de Miño celebrará o Samaín con actividades para todas as idades que terán como punto de encontro a Praza do Concello.
Así, os e as máis peques poderán gozar, dende as 16:30 horas e ata as 18:30 horas “dunha tarde terrorífica” con diversas actividades de animación especialmente deseñadas para eles.
Xa a partir das 20 horas desenvolverase un ‘Roteiro Nocturno de Samaín’ con saída dende a Praza do Concello e remate no Recinto Amurallado onde haberá chocolate quente para todos e todas. A actividade está recomentada para maiores de 7 anos e recoméndase aos participantes acudir disfrazados e con lanternas.
As inscricións están abertas –ata cubrir as prazas– a través da web do Concello, nesta ligazón. O roteiro ten tamén un marcado espírito solidario xa que, para poder inscribirse, cada participante deberá achegar un produto de hixiene que será destinado ao banco de alimentos.