19.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareas«Cata de viños novos e maceracións carbónicas» na Casa Cultural de Arcos

    «Cata de viños novos e maceracións carbónicas» na Casa Cultural de Arcos

    No marco da VI edición da Feira de Outono que se celebra na Casa Cultural de Arcos, o vindeiro sábado, 26 de outubro ás 20:30 horas, terá lugar unha «Cata de viños novos e maceracións carbónicas», actividade que se fará coa colaboración de Templum Sensibus Viñoteca.

    A cata inclúe unha cea a base de petiscos variados cun prezo de 18 euros para socios e socias e 20 euros para as persoas non asociadas que queiran participar. As inscricións poden realizarse na cafetaría da Casa Cultural, no enderezo de correo electrónico parroquiadearcos@gmail.com ou no +34 603 27 09 63. As prazas son limitadas.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.