A concellería de Mocidade do Concello de Ponteareas, que dirixe Miguel Bouzó, anima a todos os mozos e mozas a participar no obradoiro de fotografía na natureza, unha iniciativa que nace coa intención de poñer en valor o patrimonio natural ponteareán e, ao mesmo tempo, ofrecer á mocidade alternativas de formación e lecer. A actividade, totalmente de balde, terá lugar nesta fin de semana, sábado 26 e domingo 27 de outubro.
Para poder participar haberá que inscribirse no número de teléfono 672 105 468 ou na oficina da OMIX ubicada na biblioteca municipal 986660765.
A actividade desenvolverase nos seguintes horarios: sábado de 9:30 a 14 horas e domingo de 10 a 14 horas e o punto de encontro será a Moscadeira.
Colle a túa cámara e percorre as marxes do Tea na procura do mellor encadre, a mellor luz ou o mellor enfoque.
O obradoiro de fotografía na natureza promoverá os desprazamentos a pé provocando o encontro con recunchos descoñecidos para a mocidade, explica o concelleiro de Mocidade que engade que “o obxectivo ademais de didáctico e de entretemento tamén supón a ocasión para que a mocidade coñeza a fondo a súa vila, sentíndoa súa e facéndose responsible de que perdure intacta no tempo”.
O concelleiro Miguel Bouzó recorda á cidadanía que aínda está aberto o prazo para a presentación de fotografías para o concurso fotográfico “Calendario Galego de Ponteareas 2020”, as bases poden consultarse na seguinte ligazón