O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, nomeou mediante una resolución de alcaldía aos concelleiros e concelleiras que terán que ocupar as distintas áreas municipais logo da ruptura do pacto de goberno entre o PSOE e o BNG. Na mesma liña, o Boletín Oficial da Provincia, BOPPO de onte, publicaba a nova composición da Xunta de Goberno.
Trala redistribución de delegacións, Montserrat Magallanes, será responsables das concellerías de Facenda e Persoal; Cultura e Deportes; Medio Ambiente; Patrimonio, amais da primeira tenencia de alcalde.
Miguel Ángel Español terá a responsabilidade de Vías e Obras; Servizos á cidadanía; Infraestruturas e Tráfico e Mobilidade.
Elena Baz Rodríguez será concelleira de Festas e Festexos Populares e Conservatorio de Música.
Fátima Rodríguez Marcos, farase cargo das áreas de Educación; Formación e desenvolvemento local; Participación cidadá e Voluntariado e Igualdade.
Pola fúa banda, a Alcaldía manterá as competencias nas áreas de Urbanismo e Novas Tecnoloxías; Benestar Social e Emerxencias.
As delegacións de competencias anteriores comprenden a dirección organizativa e funcional da concellería, área o servizo, así como a sinatura de tanto documentos públicos ou privados que sexan necesarios en relación cos cometidos e funcións de cada unha delas, con exclusión de ditar actos administrativos resolutorios, sen prexuízo das delegacións especiais que poidan ditarse.