Sábado, 20 Setembro de 2025

Comarcas

Nace en Tui o Club de Lectura Feminista ‘Tempo de Mulleres’

O martes, 3 de marzo, comezará a súa actividade en Tui o Club de Lectura Feminista 'Tempo de Mulleres', unha iniciativa da Concellería de Igualdade do Concello de Tui en colaboración coa Biblioteca Municipal. Reunirase cada primeiro martes de mes, de 19 h a 20:30 h, até o mes de xuño.

O Goberno de Redondela inicia as obras de conservación e posta en valor do Cemiterio de Eidos

O Goberno local de Redondela iniciou, esta semana, os traballos de conservación, mantemento e posta en valor do Cemiterio de Eidos, un destacado elemento patrimonial e histórico do municipio. A construción deste histórico cemiterio remóntase aos nos 30 do século XIX. Alberga tallas e panteóns de gran valor non só artístico, senón tamén histórico

Ultimas prazas para a excursión á estación de Alto Campoo que organiza o Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán organiza por segundo ano consecutivo unha excursión á estación de esquí de Alto Campoo (Cantabria) do 6 ao 8 de marzo e cuxo prazo de inscrición se amplía ata o luns 24 de febreiro (oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9:00 h a 14:00 horas).

O Concello de Redondela inicia a apertura de expedientes sancionadores por abandono de vehículos

O Concello de Redondela vén de anunciar a apertura de máis dunha vintena de expedientes sancionadores polo abandono de vehículos en todo o termo municipal. Con esta medida, o executivo local asegura querer poñer fin “á imaxe de descoido e deixamento” que orixina esta situación amais “do seu impacto medioambiental”.

Poesía e arte no Rosal para celebrar o Día de Rosalía

O Rosal rememora os versos dunha das escritoras galegas máis insignes, Rosalía de Castro, do xeito máis orixinal posible: con arte e poesía. Alumnado de todas as idades dos centros escolares do municipio contribuirán a conmemorar o Día de Rosalía, que se celebra o vindeiro luns 24 de febreiro, achegando a todos os rosaleiros e rosaleiras a imaxe e anacos dos poemas da escritora.

A Guarda aumenta o número de prazas de estacionamento disuasorio

O pasado xoves día 20 de febreiro o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o representante da Inmobiliaria LaGuardia S.A., José Luis Moreira Carrero, asinaron un convenio de cesión de uso da parcela do antigo estadio do Trega, situada no centro da Guarda e que conta cunha superficie total de 10.900 m2.

A Deputación abre este luns a nova oficina provisional do ORAL en Tui

As oficinas provisionais de atención ao público do Organismo de Recadación Local (ORAL) da Deputación en Tui abren este luns gracias á colaboración do Concello, que cedeu un local no Edificio Área Panorámica, na rúa Colón. As oficinas veñen dar unha solución provisional de urxencia tralo obrigado peche, a causa das moitas deficiencias das instalacións actuais.

A Librería Arte Ciencia de Mos, súmase ao entroido co ‘III Concurso de disfraces literarios’

Por terceiro ano consecutivo, a Librería Arte Ciencia, en Mos, súmase ao Entroido e o seu xa tradicional 'Concurso de Disfraces Literarios Arte Ciencia'. O concurso nace coa vontade de realizar unha actividade que, non só anime a gozar desta festividade, senón que sirva como un incentivo de cara ao fomento da lectura.

Digna Rivas denuncia a “falta de información” da Xunta en referencia ao transporte interurbano

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lamentou hoxe "ter que enterarse polos veciños e veciñas usuarios do servizo de transporte interurbano", do cambio de servizo na liña 28 que na actualidade está sendo explotada por Vitrasa. As persoas usuarias da antedita liña 28 foron informadas, no propio autobús, que a partir do luns "Vitrasa deixará de prestar ese servizo pasando a desenvolvelo Autos González".

A Xunta non informa a Salceda de Caselas do novo Plan de Transporte

O Concello de Salceda de Caselas vén de manifestar a súa preocupación ante a falta de información por parte da Xunta de Galicia, así como da empresa adxudicataria, dos horarios de autobús que existirán no municipio a partires do vindeiro 24 de febreiro, día en que se producirá o cambio de empresa, pasando a pertencer o servizo a Monbús.

A seguridade cidadá, motivo de enfrontamento entre ACiP e o Goberno de Ponteareas

O Goberno local de Ponteareas cualificou de "grave irresponsabilidade" as manifestacións de ACiP quen, a través da súa concelleira Raquel Bautista, aseguraba que a falta de patrulla nocturna "moitas noites da semana" provoca que "os veciños sofran roubos contastemente en locais de hostalería, comercio, empresas e garaxes".

A Guarda da a benvida ao Entroido cun espectacular ‘desfile dos coles’

A programación do Entroido 2020 na Guarda arrancaba na mañá deste venres día 21 de febreiro co tradicional Desfile dos Colexios da vila, no que participaron a case totalidade dos alumnos e alumnas dos centro educativos, cun percorrido polo casco urbano, onde luciron os sempre espectaculares e coloridos disfraces de entroido.