12.5 C
Pontevedra
Xoves, 2 de Maio de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiNace en Tui o Club de Lectura Feminista 'Tempo de Mulleres'

    Nace en Tui o Club de Lectura Feminista ‘Tempo de Mulleres’

    O martes, 3 de marzo, comezará a súa actividade en Tui o Club de Lectura Feminista ‘Tempo de Mulleres’, unha iniciativa da Concellería de Igualdade do Concello de Tui en colaboración coa Biblioteca Municipal. Reunirase cada primeiro martes de mes, de 19 h a 20:30 h, até o mes de xuño.

    Esta actividade vai dirixida a mulleres, que se reunirán unha vez ao mes para comentar e intercambiar opinións sobre un mesmo libro previamente lido, analizando diferentes textos literarios, a súa trama, o seu contido, as súas expresións, os seus personaxes, etc.

    O obxectivo é aprender a través da lectura e completar o coñecemento coas aportacións colectivas das demais. En definitiva, “tratase de crear un espazo compartido onde o feminismo poida enriquecer a vida das mulleres” explica Ana María Núñez.

    Os libros propostos poderán ser retirados en empréstito, na Biblioteca Pública Municipal, ou poderán ser mercados polas participantes. As mulleres interesadas poden inscribirse, de forma gratuíta, no correo electrónico biblioteca@tui.gal ou no teléfono 617 498 103, até completar as quince prazas ofertadas.

    A sesión inaugural terá lugar o próximo martes, 3 de marzo ás 19 h na Área Panorámica. A encargada de dinamizar o club será María Xosé Queizán, escritora, catedrática de lingua e literatura galega e referente do feminismo en Galicia. Nesta primeira sesión presentarase o club e explicarase a dinámica de funcionamento.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.