11.6 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasA Xunta non informa a Salceda de Caselas do novo Plan de...

    A Xunta non informa a Salceda de Caselas do novo Plan de Transporte

    O Concello de Salceda de Caselas vén de manifestar a súa preocupación ante a falta de información por parte da Xunta de Galicia, así como da empresa adxudicataria, dos horarios de autobús que existirán no municipio a partires do vindeiro 24 de febreiro, día en que se producirá o cambio de empresa, pasando a pertencer o servizo a Monbús. A concelleira de Transporte, Lucía Pereira, aseguraba que preocupación do Goberno local ante esta situación “é absoluta, e lamentamos profundamente non poder facilitar información á veciñanza”.

    A día de hoxe o Concello non ten ningún tipo de comunicación onde se informe do cambio de empresa nin dos posibles cambios de horarios que poidan existir, feito que preocupa especialmente, conscientes dos graves problemas que poden carrexar estes posibles cambios á veciñanza ante este total descoñecemento da situación.

    O Concello ten xa solicitado á Dirección Xeral de Mobilidade toda a información que poida facilitarse do novo servizo, sen que a día de hoxe se teña recibido resposta. Lamentan dende o Concello que a Xunta non tivese a ben informar coa antelación suficiente tanto ás persoas afectadas como ao Concello, por ser a administración máis próxima ás persoas usuarias.

    Lucía Pereira, apuntaba que tan só queda “agardar que a partires do luns non se produzan situacións que prexudiquen ás persoas usuarias do transporte público, e agardamos que dende a Xunta de Galicia se nos facilite información canto antes para poder trasladala á veciñanza”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.