13 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaDigna Rivas denuncia a "falta de información" da Xunta en referencia ao...

    Digna Rivas denuncia a “falta de información” da Xunta en referencia ao transporte interurbano

    O Goberno local redondelán enterouse polo usuarios de que a empresa Vitrasa deixa de prestar servizo da liña 28 a partir do vindeiro luns 24 de febreiro

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lamentou hoxe “ter que enterarse polos veciños e veciñas usuarios do servizo de transporte interurbano”, do cambio de servizo na liña 28 que na actualidade está sendo explotada por Vitrasa. As persoas usuarias da antedita liña 28 foron informadas, no propio autobús, que a partir do luns “Vitrasa deixará de prestar ese servizo pasando a desenvolvelo Autos González”.

    O silencio e falta de información da Xunta de Galicia foi cualificado pola alcaldesa de Redondela como “unha nova falta de respecto á veciñanza” ao non ter informado coa suficiente antelación a variación que se ía producir nas liñas afectadas, “cambio de servizo que supón un gran perxuizo para estes usuarios e usuarias que a diario toman estas liñas para desprazarse aos seus centros de traballo ou ensinaza”, asegura Rivas.

    Ante esta situación, a alcaldesa e o equipo de Goberno, queren transmitir unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía. Dende a Alcaldía xa se ten solicitado ao servizo de mobilidade da Xunta de Galicia “unha reunión de urxencia para aclarar os términos de este servizo, información que se transmitirá aos veciños e veciñas das parroquias afectadas”.

    O Concello de Redondela xa presentara no seu momento unha serie de alegacións ao anteproxecto, como a creación de novas rutas de conexión entre Vigo-Redondela-Pontevedra sen paradas intermedias co fin de obter unha comunicación directa e rápida entre os 3 municipios, aumentar as expedicións proposta na fin de semana, e mellorar os casos de paradas existentes con déficit como pode ser o caso de paradas en Alto e o Colexio de Censantes, Soutoxuste, O Pereiro ou Cedeira.

    Outra das reclamacións que xa se fixeran constar nesas alegacións foran as carencias deste anteproxecto en canto a falta de información mínima nas paradas e a bordo dos vehículos, ou aspectos medioambienteis como a tipoloxía dos vehículos.

    Todas estas alegacións foron denegadas pola Xunta de Galicia, comunicadas mediante escrito dirixido ao Concello o pasado mes de xaneiro de 2020.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.