9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA seguridade cidadá, motivo de enfrontamento entre ACiP e o Goberno de...

    A seguridade cidadá, motivo de enfrontamento entre ACiP e o Goberno de Ponteareas

    As afirmacións de Alternativa Ciudadana de Ponteareas de que "a falta de patrulla nocturna provoca que os delincuentes campen as súas anchas" foron cualificadas polo Goberno local de " gravísima irresponsabilidade que provoca un efecto chamada"

    O Goberno local de Ponteareas cualificou de “grave irresponsabilidade” as manifestacións de ACiP quen, a través da súa concelleira Raquel Bautista, aseguraba que a falta de patrulla nocturna “moitas noites da semana” provoca que “os veciños sofran roubos contastemente en locais de hostalería, comercio, empresas e garaxes”.

    Afirma Bautista que “non é algo puntual” e asegura que durante as noites “o Goberno local deixa so un auxiliar nas oficinas que é o mesmo que se non estivera niguén pois non ten competencias”

    Acusa a concelleira de ACiP ao Goberno local de “destmantelar” o servizo de policía local e lembra que no 2010, sendo concelleiro Juan Carlos González Carrera, “Ponteareas contaba con máis de 21 axentes con patrullas dobres e controis disuasivos con unha seguridade cidadá á altura do noso concello”.

    Esa situación, contrasta coa actual na que Raquel Bautista afirma que hai menos axentes debido á marcha de policías locais “a outros concellos pola conflictividade interna creada polo Goberno”. As vacantes, asegura a concelleira, non se cobren e se contrata “a auxiliares” aos que cualifica de “mán de obra manipulable”.

    “Grave irresponsabilidade”

    A réplica do Goberno local non se fixo esperar e logo de cualificar as manifestacións da concelleira de ACiP de “grave irresponsabilidade” lembra que “os datos oficiais confirman que Ponteareas é un concello seguro”.

    Lamenta o Goberno ponteareán que ACiP debuxe “unha Ponteareas dominada polo crime e a delincuencia” ao facer manifestacións como que “os delincuentes campan ás súas anchas”, que os veciños “sufren roubos constantemente”, que a situación é “insostible”, que a veciñanza “teme pola súa integridade ao acceder aos seus garaxes, os cales son pasto dos delincuentes” e que “hai certas zonas do centro urbano que non se pode pasear pola noite”. Ademais, ACIP atribúe esa suposta situación “á falta de patrulla nocturna”.

    O goberno local lamenta que ACIP lance unha mensaxe falsa sobre a seguridade cidadá en Ponteareas. “Non se poden facer esas afirmacións sen datos serios e rigorosos, transmitindo unha falsa imaxe de Ponteareas e do funcionamento da Policía. É unha gravísima irresponsabilidade que só sirve para xerar un efecto chamada entre a delincuencia”.

    O goberno lembra que os datos oficiais que se analizan nas Xuntas Locais de Seguridade cada ano, cos responsabeis das forzas de seguridade do Estado, reflicten que a delincuencia en Ponteareas, ademais de ser baixa e non diferente a outras localidades semellantes, ten unha tendencia á baixa desde hai tempo.

    O goberno afirma que non é certo que non haxa patrulla nocturna. “Ponteareas sigue manténdoa a pesares de que concellos como Tui, Cangas, Baiona, A Estrada ou O Carballiño tiveron que suprimila pola escaseza de persoal, un problema que afecta a numerosos concellos, non só a Ponteareas, como consecuencia das xubilacións anticipadas que se produciron por un cambio lexislativo e a lentitude dos procesos de selección de novos axentes”.

    Respecto á plantilla, o goberno afirma que “non é certo que as vacantes non se cubriran. Todas as vacantes desde o ano 2015 estanse cubrindo e esta mesma semana a Academia Galega de Seguridade comunicou xa a selección de catro novos axentes para Ponteareas que se incorporarán no verán. Este ano tamén se iniciarán os procesos para cubrir outras tres vacantes. As únicas prazas que se perderon por non convocalas correspóndense cos gobernos do PP e independentes, antes de 2015”.

    Ponteareas conta actualmente con oito axentes activos e seis auxiliares temporais o que obriga a que a plantilla realice servizos extraordinarios para asegurar o mantemento dos tres turnos diarios de traballo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.