Mércores, 2 Xullo de 2025

Ponteareas

Ponteareas homenaxea a Reveriano Soutullo

O compositor Reveriano Soutullo é unha das figuras máis importantes na historia da música de Ponteareas. Foi un dos músicos máis influíntes e importantes de principios do século pasado e a súa pegada pódese notar nas novas melodías que nacen na vila do Tea. Por todo isto, a Concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, organiza este domingo unha xornada homenaxe a Reveriano Soutullo.

O BNG “dará a batalla” no Congreso para que os Orzamentos inclúan a seguridade viaria na N-120 e a variante de Ponteareas

O BNG, a través do seu deputado no Congreso, Néstor Rego, insta ao Goberno do Estado a investir na seguridade viaria na N-120 e na construción da variante de Ponteareas, “necesidades históricas da localidade que unha vez máis non son atendidas como corresponde nos Orzamentos Xerais do Estado que veñen de presentarse para 2022.”

A unidade móbil de doazón de sangue visitará Ponteareas os días 21, 22 e 23 de outubro

Tres novas xornadas para doazón de sangue en Ponteareas. A concellaría de Saúde, que dirixe a alcaldesa Cristina Fernández Davila, informa que a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na vila os vindeiros días 21, 22 e 23 de outubro para todas as persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade.

Ponteareas esixe unha partida específica de 4 millóns nos orzamentos do Estado para a seguridade na N-120

O goberno municipal de Ponteareas, formado polo BNG e PSdG-PSOE, avaliou hoxe o proxecto de orzamentos presentado polo goberno do Estado para o seu debate e aprobación no Congresos dos Deputados.

Avelaíña atendeu a máis de 73 persoas usuarias e familias en Ponteareas ao longo do 2020

En Galicia máis de 80.000 persoas contan con certificado de discapacidade por enfermidade mental, máis de 24.000 delas na provincia de Pontevedra, sendo xa a segunda causa de discapacidade despois da física.

Ledicia Costas visitará o Club de Lectura da Biblioteca de Ponteareas

A escritora Ledicia Costas visitará o vindeiro día 20 de outubro o Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Ponteareas para falar coas persoas asistentes dunha das súas obras máis importantes.

Este venres 15, rastrexo nocturno para a mocidade en Ponteareas

Chega unha nova sesión do RasTEA 2 a Ponteareas, o rastrexo urbano nocturno que o Concello organiza para a mocidade de 12 a 30 anos. Este venres 15 de outubro o parque da Feira Vella acollerá unha nova actividade deste programa no que rapaces divididos en grupos de 4 a 6 persoas deberán ir enfrontándose a diferentes probas de habilidade, puntería.

O Concello de Ponteareas estrea a súa sección web adicada a igualdade

O Concello de Ponteareas continúa dando pasos para converterse nun municipio inclusivo e libre para todos e para todas coa estrea dun novo apartado web adicado a igualdade.

O CNPonteareas presenta a oficialmente a tempada 2021-22

O pasado día sábado, 9 de outubro, foi a data fixada para presentar de xeito oficial os equipos cos que o CNPonteareas afrontará a tempada 2021-22. Nesta nova campaña serán preto de 150 nadadores, en todas as categorías federadas, os que representarán ao club do Condado.

Os veciños de Ribadetea indignados polo retraso do saneamento

Os veciños de Ribadetea amosan a súa indignación polo retraso do saneamento da parroquia. Dende a Plataforma Veciñal de Ribadetea queren lembrarlle, unha vez máis, á Consellería de Infraestructuras e Mobilidade, que Ribadetea está dentro da Rede Natura 2000.

Ponteareas abre o prazo para a presentación de suxestións á futura ordenanza de mobilidade amable e utilización dos espazos públicos

O Concello de Ponteareas vén de iniciar o proceso participativo que conducirá á aprobación da Ordenanza de Mobilidade Amábel e Utilización dos Espazos Públicos.

Ponteareas impulsa unha fronte social e política para lograr as melloras na N-120 e a creación da variante

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, e o primeiro e a segunda tenente de alcaldesa, Roberto Mera e Chus Garrote, mantiveron un encontro con numerosos colectivos das parroquias de Ponteareas afectadas pola rede viaria do Estado na localidade, así coma cos grupos municipais.