21.6 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasEste venres 15, rastrexo nocturno para a mocidade en Ponteareas

    Este venres 15, rastrexo nocturno para a mocidade en Ponteareas

    Aberto o prazo para participar no RasTEA2, unha actividade dirixida a persoas de 12 a 30 anos e que se realizará no parque da Feira Vella

    Chega unha nova sesión do RasTEA 2 a Ponteareas, o rastrexo urbano nocturno que o Concello organiza para a mocidade de 12 a 30 anos. Este venres 15 de outubro o parque da Feira Vella acollerá unha nova actividade deste programa no que rapaces divididos en grupos de 4 a 6 persoas deberán ir enfrontándose a diferentes probas de habilidade, puntería… Con esta nova cita retómase o RasTEA 2 que tivera que adiarse o pasado mes de setembro a causa da choiva.

    As persoas interesadas en participar poden inscribirse en grupo ou de xeito individual enviando un correo a mocidadeviva@ponteareas.gal ata este martes 12 de outubro. A organización encargarase de facer grupos para aquelas persoas que se inscriban de xeito individual. Para facilitar a participación de todos e todas, nesta ocasión haberá dúas quendas de saída e os e as menores de 16 anos deberán estar acompañados no grupo por un maior de idade que sexa o responsable.

    Trátase dunha “forma divertida e diferente de desfrutar cos amigos e amigas e de coñecer Ponteareas dun xeito único”, asegura o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, que anima a todos os rapaces e rapazas a participar na actividade. RasTEA forma parte do programa Mocidade Viva, unha iniciativa coa que o Concello busca ofrecer unha programación de actividades alternativas, saudábeis e seguras para mozos e mozas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.