Martes, 8 Xullo de 2025

Ponteareas

A Asociación de Veciños de Angoares nomea socio de honra a Alfonso Pexegueiro

Sentida homenaxe esta fin de semana da Asociación de Veciños e Veciñas de Angoares a un dos seus veciños ilustres, o poeta Alfonso Pexegueiro González, encargado de levar o nome de Ponteareas e da parroquia polo mundo a través dos seus versos.

O Concello presenta ao proxecto de mellora viaria da N-120 un total de 16 alegacións consensuadas coa veciñanza

O Concello de Ponteareas presentou este mércores un total de 16 alegacións ao proxecto de trazado da mellora de seguridade viaria na N-120 presentado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Bateo de ouro e obradoiros na cuarta edición da Feira de Minerais e Fósiles de Guláns

A cuarta edición da Feira de Minerais e Fósiles de Guláns chega a Ponteareas esta fin de semana cunha morea de actividades de balde para todos os públicos. Os vindeiros 6, 7 e 8 de maio o auditorio do Centro Cultural de Guláns converterase no escenario desta feira.

O Centro Cultural Os Muíños de Oliveira, novo escenario do obradoiro de xoguetes e xogos de refugallo

Ponteareas gozará a vindeira semana dun novo obradoiro de xoguetes e xogos de refugallo, un ciclo de talleres por distintos centros culturais do municipio co que o Concello continúa levando actividades de lecer ás 24 parroquias da vila.

O programa Mocidade Viva achegará a calistenia aos rapaces

O Concello de Ponteareas pon en marcha unha nova actividade ao abeiro do programa Mocidade Viva, co que se busca promover o lecer saudable e alternativo para rapaces maiores de 12 anos.

As ‘Naturezas Doentes’ de Manuel Pizcueta poñen o broche de ouro á programación do Mes do Libro en Ponteareas

Ponteareas pecha esta semana o ciclo de presentacións para conmemorar o mes do libro con Manuel Pizcueta e a súa obra ‘Naturezas Doentes’.

Xa está aberto o prazo de inscrición ás probas de acceso ao Conservatorio e Escola de Música de Ponteareas

O Conservatorio e Escola de Música de Ponteareas prepárase xa para o vindeiro curso 2022/2023. Ata o próximo 31 de maio estará aberto o prazo para todas as persoas que desexen desenvolver as súas inquietudes musicais poidan inscribirse nas probas de acceso.

Os ‘Rastros’ de Vidal Bolaño chegan a Ponteareas

O Centro Dramático Galego e a compañía Condetrespés chegan esta fin de semana a Ponteareas con ‘Rastros’, unha obra de Roberto Vidal Bolaño adaptada e dirixida por Lois Blanco que se representará no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios e en colaboración do Concello de Ponteareas.

A romaría da Picaraña volve esta fin de semana a Ponteareas

Despois de dous anos de parón pola situación sanitaria, a romaría da Picaraña prepara unha nova edición chea de actividades e diversión para todos os públicos e adaptada á nova realidade.

Creatividade con materiais de refugallo para nenos e nenas nas casas culturais ponteareás

O Concello de Ponteareas continúa levando actividades de lecer ás 24 parroquias da vila, nesta ocasión destinadas aos máis pequenos e pequenas da casa. A Concellaría de Cultura pon en marcha un ciclo de obradoiros de xoguetes e xogos de refugallo dirixidos a nenos e nenas de 5 a 10 anos que se celebrarán nos distintos centros culturais ponteareás ao longo dos meses de maio e xuño.

Ponteareas aproba unha ordenanza fiscal para o comercio “máis xusta e equitativa”

O Concello de Ponteareas aprobou inicialmente en pleno a nova ordenanza fiscal reguladora da taxa de apertura de establecementos e de licencias de actividade, un novo regulamento que establecera unhas tarifas “máis xustas e equitativas” ao tempo que permitirá actualizar e modernizar os procedementos vixentes dando resposta ás necesidades presentadas polo comercio local ponteareán.

Angoares rende homenaxe a un dos seus veciños ilustres, o poeta ponteareán Alfonso Pexegueiro

Angoares quere render homenaxe a un dos seu veciños ilustres, veciño do Cabalón e encargado de levar o nome da parroquia polo mundo no seu cantar, o poeta Alfonso Pexegueiro González.