10 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasXa está aberto o prazo de inscrición ás probas de acceso ao...

    Xa está aberto o prazo de inscrición ás probas de acceso ao Conservatorio e Escola de Música de Ponteareas

    As persoas interesadas poderán anotarse ata o 31 de maio

    O Conservatorio e Escola de Música de Ponteareas prepárase xa para o vindeiro curso 2022/2023. Ata o próximo 31 de maio estará aberto o prazo para todas as persoas que desexen desenvolver as súas inquietudes musicais poidan inscribirse nas probas de acceso que se convocan para os ensinos musicais elementais e profesionais do centro.

    Aínda que a idade mínima para acceder a estes estudos oficiais no primeiro curso de ensinos elementais é de 8 anos cumpridos neste 2022, no Convervatorio ponteareán os rapaces e rapazas poden iniciarse na música xa dende os 6 anos grazas á Escola de Música, dirixida por Francisco Abal.

    Tras rematar o prazo de inscrición, o vindeiro 3 de xuño publicarase a listaxe provisional de admitidos e o 6 de xuño os horarios e tribunais designados para avaliar e cualificar as probas específicas de acceso, que se realizarán do 13 ao 16 de xuño. O prazo de matriculación será do 27 ao 30 de xuño.

    As persoas interesadas poderán consultar toda a información sobre a inscrición, as probas e as datas na páxina web do centro ou achegarse ás oficinas do Conservatorio en horario de tarde.

    A Concellaría de Ensino, que dirixe a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, anima a todas e todos os ponteareáns con inquedanzas musicais a participar nestas probas de acceso.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.