8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasOs ‘Rastros’ de Vidal Bolaño chegan a Ponteareas

    Os ‘Rastros’ de Vidal Bolaño chegan a Ponteareas

    O Centro Dramático Galego e a compañía Condetrespés chegan esta fin de semana a Ponteareas con ‘Rastros’, unha obra de Roberto Vidal Bolaño adaptada e dirixida por Lois Blanco que se representará no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios e en colaboración do Concello de Ponteareas.

    ‘Rastros’ situará ao público no Santiago de Compostela de finais do século XX cunha historia na que as e os protagonistas viaxarán polas lembranzas, un punto de encontro entre amigos que compartiron case todo menos evolucionar. O eixe central será o intento de suicidio dunha muller que convoca durante o tempo que permanece ingresada na UVI á espera dun desenlace incerto aos tres homes cos que compartiu sentimentos, soños e ilusións. Ao longo da tensa espera, reflexionan arredor das grandezas e das miserias da súa vida en común, lembran o que foi a súa existencia e as razóns que a levaron a ser o que hoxe é e a estar onde hoxe está.

    A obra representarase este sábado 7 de maio ás 21.00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal, con entrada de balde. As persoas interesadas xa poden reservar a súa entrada a través da plataforma en liña.

    O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a gozar desta adaptación da obra de Vidal Bolaño, que acadou dous Premios María Casares, un para Patricia Lorenzo como Mellor Actriz Protagonista, e outro para o propio autor ao Mellor Texto Orixinal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.