Venres, 9 Maio de 2025

Ponteareas

‘Defendendo o Tea’ reafirma o seu compromiso coa ‘Limpeza simultánea de ríos en Galicia’

O próximo Domingo día 29 de Setembro celebrase a 'XII Limpeza simultánea de Ríos en toda Galiza' e, como o vén facendo case que dende o comezo desta iniciativa, 'Defendendo o Tea', en colaboración co 'Proxecto Ríos' de Adega, mollarase unha vez máis polo río e polo medio ambiente.

O grupo coruñés ‘Avelaíña’, gañador do ‘LII Concurso de Gaitas do País’ de Ponteareas

O grupo Avelaíña de Teo, A Coruña, gaña o LII Concurso de Gaitas do País organizado polo concello de Ponteareas. O grupo formado polas gaitas de Xesús Rodríguez Callejón e Raquel Vilas Otero, o bombo Ricardo González Martín e tambor de Santiago López Suárez faise co primeiro premio do concurso de gaitas máis antigo de Galicia recibindo un premio de 1.800 €.

Mobilidade sustentable e accesibilidade universal, obxectivos da Concellería de Mobilidade para este mandato

A Concellería de Tráfico e Mobilidade que dirixe Roberto Mera fixo públicos os seus obxectivos para o actual mandato coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade. Mera marcou dúas liñas de traballo e obxectivos na súa área para os vindeiros catro anos: a mobilidade sustentábel e a accesibilidade universal.

ACiP considera “inadmisible” a cesión de Pardellas a unha empresa privada para un torneo de fútbol

Alternativa Ciudadana de Ponteareas cualificou de "inadmisible" que o Concello ponteareán ceda a unha empresa privada unhas instalacións municipais para a realización dun torneo de fútbol no que o Concello, afirma o seu portavoz Juan Carlos González Carrera, "pagou o trofeo, a electricidade, limpeza e reparación do campo".

O Concello de Ponteareas convoca ás persoas afectadas polo botellón

O Concello de Ponteareas convocou aos afectados polo botellón a unha reunión que terá lugar o vindeiro venres 27 de setembro ás 20:30 horas na Sala Mutiusos do Auditorio Reveriano Soutullo. O goberno local adiantou xa que o venres 3 de outubro ás 20:30 horas celebrarase outro encontro, neste caso dirixido á mocidade en xeral e, en particular, a aquelas persoas que participan no botellón.

A Feira Vella de Ponteareas, escenario do ‘Festival de Música Rebelde’

O parque da Feira Vella de Ponteareas acollerá mañá venres día 20 o Festival Música Rebelde a partir das 19:30 horas. Ao escenario da Feira Vella subirán os grupos Rebeliom do Inframundo, Falperrys e Pauliña.

Ponteareas inicia este venres o obradoiro ‘Crea o teu futuro. Mocidade creativa e marca persoal’

A concellería de Mocidade do Concello de Ponteareas que dirixe Miguel Bouzó vén de dar conta da modificación do día de comezo do obradoiro «Crea o teu futuro. Mocidade creativa e marca persoal» que arranca mañá venres día 20. Un obradoiro gratuíto que se desenvolverá na sala multiusos do auditorio municipal e para o que aínda quedan prazas.

‘Coñece Ponteareas’ fará un percorrido polo centro urbano para descubrir os seus monumentos

A concellería de Turismo, que dirixe Eva Gil, convida a toda a cidadanía a coñecer o centro urbano de Ponteareas, rúas e prazas cheas de historia e patrimonio arquitectónico que conforman a orixe dos e das ponteareás e que dende o goberno de Ponteareas queren dar a coñecer e pór en valor.

A Policía Local de Ponteareas cuantifica en 600 persoas a afluencia máxima ao botellón

A plantilla da Policía Local e o concelleiro de Bo Goberno Roberto Mera celebraron onte unha reunión de traballo enmarcada nos traballos de análise do fenómeno do botellón. Na reunión a Policía cifrou nunhas 500 a 600 persoas as que participan no botellón nas épocas de afluencia máxima, coincidindo con festas ou o verán.

Charla da Cruz Vermella do Condado sobre prevención de accidentes no fogar dirixida ás persoas maiores

A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella no Condado desenvolverá unha charla, dirixida a persoas maiores, de Prevención de Accidentes no Hogar o vindeiro xoves 19 de setembro, de 17:00 a 19:00 horas, na sede de Cruz Vermella, na rúa Virxe da Luz nº 4 de Ponteareas.

A Federación Galega de Fútbol volve a Ponteareas co ‘Curso de adestrador básico de fútbol UEFA B’

O concello de Ponteareas acollerá un novo curso de adestrador básico de fútbol UEFA B que equivale ao antigo Nivel 1, así o adianta a concelleira de Deportes Nahir Covelo e a Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol. O prazo para inscribirse xa está aberto ata o vindeiro venres 11 de outubro.

Ponteareas abre o prazo para inscribirse nas DEPOrteEscolas

A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, vén de poñer en coñecemendo das familias que xa se poden inscribir aos seus fillos e fillas no programa deportivo 'DepoEscolas' que ofrece a Deputación de Pontevedra, unha iniciativa dirixida a nenas e nenos en idade escolar.