Mércores, 14 Maio de 2025

O Condado

BNG Ponteareas: “Puxemos fin a 17 anos de parálise urbanística provocada pola dereita”

O BNG de Ponteareas, a través do seu concelleiro Roberto Mera, salientou que coa aprobación do PXOM “poñemos fin a 17 anos de parálise urbanística provocada pola dereita” e acusou ao PP e ACIP de “antepoñer os seus intereses políticos aos de Ponteareas, opoñéndose ao PXOM e anunciando recursos xudiciais”.

O PXOM de Ponteareas pon fin a 17 anos de parálise urbanística

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a segunda tenente de alcalde, Chus Garrote, manifestaron a súa satisfacción pola aprobación do PXOM no pleno de onte e sinalaron que o novo Plan “marca o inicio dunha nova etapa de prosperidade para Ponteareas”.

O PSOE de Ponteareas “aposta polo emprego” aprobando o PXOM

O Partido Socialista de Ponteareas amosou a súa satisfacción pola aprobación provisional do PXOM que tivo lugar onte na sesión plenaria celebrada na Casa...

ACiP denuncia que se limitase o tempo de intervención dos portavoces no Pleno do PXOM

O concelleiro de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Luis Rodríguez Cerdeira, criticou hoxe que o Pleno de aprobación do PXOM "fora un alarde de falta de transparencia" ao interrumpir o alcalde, "en reiteradas ocasións a invervención do noso portavoz, Juan Carlos González Carrera".

Amplo programa de actividades para a ‘LX Festa do Viño do Condado do Tea’ de Salvaterra

O Concello de Salvaterra vén de dar a coñecer o amplo programa de actividades que desenvolverá, entre os días 23 e 25 de agosto, con motivo da celebración da 'Festa do Viño do Condado do Tea' que con esta acada xa a súa sesaxésima edición. No programa, o viño que é o auténtico protagonista, está perfectamente complementado coa boa música e gastronomía.

As festas de Mondariz súmanse ás campañas de Igualdade da Deputación

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Igualdade, colaborará co Concello de Mondariz no marco do programa de información sobre as violencias machistas e poñerá á súa disposición nas festas patronais do municipio un punto morado co material das campañas 'Lembra, eu decido, ti respectas', dirixidas tanto a mozos como a mozas.

O “abandono” da Fonte de Troncoso en Mondariz Balneario chega ao Parlamento Galego da man do BNG

O deputado do BNG no Parlamento Galego, Luís Bará, alertado polo Grupo Municipal do Bloque en Mondariz Balneario, visitou a Fonte de Troncoso para coñecer de primeira man o estado deste ben patrimonial tras o derrube da súa cuberta.

Salvaterra abre a inscrición para os Cursos/Cata da Festa do Viño do Condado do Tea

Salvaterra de Miño vive, estas datas, inmersa nos preparativos da Festa do Viño do Condado do Tea que, con esta, chega a súa 60 edición. Dentro da programación desta festa, o Concello vén de abrir a inscrición para as catas comentadas que, cada ano, contan cun maior número de seguidores.

O hóckey rexurde en Ponteareas

Despois dunha década de inactividade, o Hóckey Club Ponteareas rexurde para facer deste deporte algo máis que un entretemento e rememorar así os tempos nos que se practicaba no parque do Tea competindo no Campionato de España.

O Goberno de Ponteareas concreta cos portavoces da oposición o cumprimento da súa dedicación retribuída

O concelleiro de Bo Goberno e Transparencia, Roberto Mera, mantivo unha reunión cos portavoces do PP, Belén Villar, e de ACIP, Juan Carlos González, para concretar a forma na que se articulará a súa dedicación retribuída.

O Goberno local tacha de “ridículo espantoso” a denuncia de supostas irregularidades no PXOM realizada por Belén Villar

O goberno municipal de Ponteareas lamentou o “ridículo espantoso protagonizado pola portavoz do PP, Belén Villar” ao denunciar unha suposta “grave irregularidade” na tramitación do PXOM argumentando que a aprobación das alegacións veciñais en 2016 debe ser agora revisado de oficio.

Ponteareas fará cumprir os horarios dos locais nocturnos para asegurar a convivencia

O concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, manterá esta semana unha reunión cos hostaleiros que son reiteradamente sancionados por incumprimento da normativa de horarios. Mera explicou que “se trata dun grupo moi reducido de locais de ocio nocturno, en concreto dez establecementos, que de maneira continua incumpren os horarios de actividade e terraza".