Xoves, 8 Maio de 2025

O Condado

AporM lamenta que o Goberno de Mondariz impoña unha nova taxa “co apoio da dereita”

“A situación económica global do Concello é netamente positiva e a imposición dunha nova taxa á veciñanza, coa aprobación de todas as forzas da dereita, é unha cortina de fume coa que se quere xustificar o novo imposto e o grao de ineficacia do goberno BNG-PSOE”, asegurou hoxe a concelleira de AporM, Mónica Peralba.

Ponteareas inicia os trámites para a mellora de eficiencia enerxética da Escola Infantil

Co obxectivo de mellorar a calidade do servizo a concellería de Benestar Social do Concello de Ponteareas, que dirixe Verónica Carrera, e a concellería de Vías e Obras, que xestiona Chus Garrote, informan que está aberto o proceso de licitación para a mellora da eficiencia enerxética da escola infantil municipal.

Manuel Outerelo Ucha, gañador do «III Torneo Internacional Sub-2000 de Xadrez Ponteareas»

Esta fin de semana celebrouse nas instalacións do I.E.S. do Barral, o III Torneo Internacional Sub-2000 Xadrez Ponteareas 'I Gran Premio ACLUDI', que contou coa participación de 48 xogadores, procedentes de clubs de toda Galicia.

Ponteareas, presente nas xornadas da Comisión de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental

A tenente de alcalde e concelleira de Saúde do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, participaron nas accións de promoción da saúde organizadas pola Comisión de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental do concello de Salamanca.

Luz verde ao saneamento integral de Ribadetea

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia ven de encargar o proxecto de saneamento integral da parroquia de Ribadetea, unha das máis poboadas do municipio e que convive cos espazos protexidos das marxes do río Tea.

Mondariz busca estudar as potencialidades do territorio para o desenvolvemento rural

O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, e o tenente de alcalde, Leopoldo Tato, Mantiveron unha xuntanza en Santiago co director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois. A reunión responde á liña estratéxica do Goberno local "de promover un desenvolvemento rural atractivo para a veciñanza que poña freo á constante despoboación que vén sufrindo o concello nos últimos anos".

A Xunta inicia a mellora da estrada Ponteareas-Salvaterra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá o inicio dos traballos de mellora do firme da PO-403 entre Ponteareas e Salvaterra do Miño nos que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a investir algo máis de 143.778 euros.

A «XIV Feira do Tinto Rías Baixas» comeza as súas actividades

As Neves deu comezo, este xoves ás actividades do programa da 'XIV Festa do Tinto das Rías Baixas', que seguirá, con diferentes propostas, ata o vindeiro día 12. A 'Cata-maridaxe A catro mans', celebrada no Restaurante Horta e Viño do Hotel Nande, cos chefs Fran Sotelino e Rui Ribeiro, foi a encargada onte de abrir o programa.

O BNG cree que “Nava Castro e González Carrera deben renunciar aos seus cargos”

O BNG de Ponteareas, a través da súa portavoz municipal, Cristina Fernández Davila, explicou que a orde de demolición do hipermercado Eroski por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia “é unha consecuencia máis do caos e as ilegalidades urbanísticas cometidas durante décadas pola dereita en Ponteareas”.

O PP achaca o problema do Eroski aos “atrasos do bipartito co PXOM”

El Grupo Municipal del PP de Ponteareas lamentou hoxe que "o bipartito descoñeza que dende o ano 2008 pesa unha orde de derrubo sobre centro Eroski situado en Ponteareas". Os populares lembran que a situación foi notificada que el bipartito desconozca que desde el año 2008 pesa una orden de derribo sobre el centro Eroski situado en Ponteareas.

O PSOE de Ponteareas alerta á xunta “da urxencia de aprobar o PXOM”

O PSOE de Ponteareas sinalou, a raíz da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a demolición do Eroski, que "urxe a aprobación definitiva do PXOM pola Xunta de Galicia" xa que esta, sinalan os socialistas ponteareáns "pode ser a primeira das moitas sentencias que caerán sobre o Concello se non se aproba o documento canto antes".

O TSXG insta ao Concello a demoler o Eroski de Ponteareas

O TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia) requiríu ao Concello de Ponteareas para demoler o hipermercado Eroski, ubicado na parroquia de Angoares, no prazo máximo dun ano. O tribunal esixe ao Goberno Local que inicie os trámites no prazo máximo dun mes e que manteña informado ao TSXG trimestralmente das actuacións que se realicen.