21.2 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO PSOE de Ponteareas alerta á xunta "da urxencia de aprobar o...

    O PSOE de Ponteareas alerta á xunta “da urxencia de aprobar o PXOM”

    A sentencia do Eroski podería ser a primeira de moitas que caerán sobre o Concello de non aprobarse o documento urbanístico canto antes

    O PSOE de Ponteareas sinalou, a raíz da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a demolición do Eroski, que “urxe a aprobación definitiva do PXOM pola Xunta de Galicia” xa que esta, sinalan os socialistas ponteareáns “pode ser a primeira das moitas sentencias que caerán sobre o Concello se non se aproba o documento canto antes”.

    A demolición do supermercado Eroski ordeada polo TSXG, apunta o PSOE “suporá o pago dunha cuantía importante que sairá das arcas municipais”.

    Esta situación que se remonta á época na que a actual directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, era alcaldesa de Ponteareas, “non fai senon confirmar o desastre urbanístico que durante décadas executou o PP en Ponteareas e que hoxe, teremos que pagar todos os veciños e veciñas da Vila”, apunta Alfonso Porto, presidente da Xestora do PSOE.

    En vista dos feitos, os socialistas de Ponteareas instan á edil do PP, Belén Villar, “para que se sume á petición feita polo PSOE e que a Xunta aprobe dunha vez o documento que que xa esta na Consellería”. Deste xeito, afirma Alfonso Porto, “en vez de facerse tanta foto con conselleiros para tratar de vender unha xestión política inexistente, a Sra. Villar debería, polos seus veciños e veciñas, facer forza co PSOE para que a Xunta entenda a urxencia de ter un plan xeral en Ponteareas”.

    Ao PSOE preocúpalle os postos de traballo que están nestes intres en risco e aos que dentro duns meses poden sumarse máis, xa que “ao non ter Plan Xeral en Ponteareas moitas empresas están nunha inseguridade xurídica que non é culpa de máis nadie que do PP e ACIP, partidos culpables da desfeita urbanística na nosa Vila”, sinala Porto.

    “Non contentos con todo o que fixeron, seguen a día de hoxe tratando de impedir a aprobación do tan necesario Plan Xeral”, conclúe o presidente da Xestora do PSOE en Ponteareas.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS