Mércores, 7 Maio de 2025

O Condado

Comezan as obras de mellora da glorieta de acceso ao polígono industrial de Salvaterra

O xefe Territorial da Consellería de Infraestruturas, Jose Luis Díez, desprazouse esta mañá ata Salvaterra de Miño acompañado por diferentes técnicos da Consellería, para informar á alcaldesa do municipio, Marta Valcárcel Gómez, das obras que se van a acometer na rotonda da PO-403

Petanaporta escenifica en Ponteareas a experiencia dramática do acoso

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, convida á cidadanía a desfrutar das Xornadas de Teatro Amador que volven ao Auditorio Municipal esta fin de semana coas obras 'O Pequeno Poni' do grupo de teatro «Peta na Porta» o sábado 19 ás 20:30 horas.

Luis Suárez Piñeiro, novo responsable local do BNG de Salvaterra

O BNG de Salvaterra de Miño vén de elixir en asemblea a Lucas Suárez Piñeiro como novo responsábel local da formación nacionalista. Aos seus 27 anos, Suárez toma o relevo dun histórico do BNG na localidade como é J. Andrés Martínez Alonso, que continuará formando parte activamente do Bloque.

Vilasobroso reclama, por via xudicial, a súa “débeda histórica” con Mondariz

A Entidade Local Menor de Vilasobroso decidiu dar continuidade á demanda xudicial iniciada contra o Concello de Mondariz para reclamar como mínimo o 25 por cento da recadación fiscal municipal correspondente aos seus habitantes, un dereito recoñecido na Lei de Administración local de Galicia que nunca se fixo efectivo.

O subministro eléctrico ás atraccións das festas enfrontan a ACiP e ao Goberno local

O pago do gasto eléctrico orixinado polas atraccións das pasadas Festa de Setembro, son orixe dun novo enfrontamento entre o Goberno local e os...

A Xunta rexeita o Plan Económico Financeiro aprobado en Mondariz

A Consellería de Facenda da Xunta de Galicia notificou ao Concello de Mondariz que o Plan Económico Financieiro aprobado o pasado 27 de setembro, no último Pleno da Corporación Municipal, "non inclúe as tendencias cuantificadas de ingresos e gastos dos exercicios 2019 e 2020, o cálculo de estabilidade orzamentaria e do gasto computable de ambos exercicios".

Concerto de Uxía na celebración da «Festa do Tinto das Rías Baixas»

A cantante Uxía súmase á celebración da 'XIV Festa do Tinto das Rías Baixas', nas Neves, que empezou o pasado xoves, día 3 de outubro, e segue, con diferentes propostas e actividades, ata o vindeiro sábado, día 12 de outubro.

O Goberno convoca ao tecido deportivo do municipio a unha reunión informativa

O goberno local celebrará mañá xoves, ás 19:30 horas, na sala multiúsos do auditorio municipal Reveriano Soutullo, un encontro co tecido deportivo da localidade. O obxecto do encontro, no que estarán presentes o alcalde, Xosé Represas; a concelleira de deportes, Nahir Covelo e o concelleiro de Participación Cidadá, Roberto Mera, é expoñer as liñas de traballo e os obxectivos da área que dirixe a nacionalista Nahir Covelo.

As Neves renova o céspede do Campo Municipal de Fútbol

O Goberno local de As Neves vén de iniciar o proceso de cambio do céspede do Campo Municipal de Fútbol ‘Pepe Capón’ que, logo do uso continuado durante 12 anos e os danos causados polo brutal incendio, presenta importantes deficiencias.

Mondariz promove a igualdade a través dun obradoiro de teatro social

Este mércores, 9 de outubro, dá inicio o segundo obradoiro de teatro organizado polo Concello de Mondariz. Logo da exitosa experiencia do ano pasado, que culminou cunha representación con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller (25 de novembro), a directora de escena Avelina Pérez, con experiencia en educación social, volve a coller as rendas desta actividade.

Ponteareas colabora con «Muévete por los que no pueden»

Arranca en Bilbao a 'III Volta Solidaria a España' coa que o Concello de Ponteareas colabora a través da Concellería de Eventos que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández. Organizada pola asociación 'Muévete por los que no pueden' en colaboración co deportista Marcos Bajo, a terceira volta solidaria chegará a Ponteareas o vindeiro 18 de outubro tras percorrer media España en modaliade duatlón.

Mondariz agarda a luz verde da Deputación para rematar a humanización do centro urbano

"As obras de humanización na contorna do centro urbano de Mondariz levan paradas dende xuño de 2019 pola necesidade de notificar os múltiples cambios efectuados sobre o proxecto autorizado inicialmente pola Deputación de Pontevedra, que financiou as obras por importe total de 232.735 euros", explicou hoxe o Goberno local de Mondariz que preside Xosé Emilio Barros.