Sábado, 3 Maio de 2025

Mondariz

AporM insta ao goberno local a que deixe de acumular biomasa no campo de fútbol da Lagoa

Xoán Carlos Montes Bugarín, portavoz do grupo municipal de Alternativa por Mondariz, vén de presentar un escrito no Rexistro do Concello de Mondariz solicitando a retirada da biomasa que "unha empresa contratada polo Concello" está a almacenar dentro do recinto do campo de fútbol da Lagoa.

Xosé Emilio Barros, “Mondariz tivo, durante moito tempo, Gobernos cun pensamento que non ía máis aló da seguinte cita electoral”

Por primeira vez na historia de Mondariz, o concello ten ao seu fronte a un alcalde nacionalista. Xosé Emilio Barros chega á alcaldía co apoio, non pactado dito sexa de paso, dun PP quen –máis por enfrontamento persoal co cabeza de lista de AporM que por táctica política– optaba por apoiar ao BNG. Logo, o pacto co PSdeG-PSOE, contribuía a darlle algo máis de estabilidade a un Goberno que, en minoría, terá que recorrer ao consenso e diálogo para sacar os temas importantes para Mondariz e a súa veciñanza.

Vilasobroso recupera 450 topónimos tradicionais

A Entidade Local Menor de Vilasobroso, no concello de Mondariz, vén de recuperar e xeolocalizar toda a súa toponimia maior e menor, "un valor identitario da Comunidade Autónoma así como un instrumento para a concreción da denominación xeográfica dos pobos e dos seus bens", segundo a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia.

O Castelo do Sobroso, marco espectacular para un desfile de traxes nupciais

O Castelo de Sobroso foi o espectacular marco que acolleu, este xoves, o desfile de traxes de noiva no que o estilita Óscar Novo presentou as novas apostas da deseñadora Patricia Avendaño, que forman parte da súa colección nupcial para o ano 2020. O evento contou coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, entre outras autoridades.

Augas de Galicia acometerá a reparación das sendas fluviais do Tea en Mondariz

Na última sesión ordinaria do Pleno, a Corporación Municipal de Mondariz aprobou por unanimidade un convenio de colaboración entre o Concello e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para a reparación das sendas fluviais dos ríos Tea e Xabriña que resultaron danadas polas riadas de 2016.

Mondariz xa ten «luz verde» para rematar as obras do centro urbano

A empresa adxudicataria das obras de humanización na contorna do centro urbano de Mondariz, paralizadas dende xuño de 2019, retomou a súa actividade o xoves, horas despois de que o Concello de Mondariz recibise unha resolución do Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra dando conformidade ao proxecto técnico modificado.

A Biblioteca de Mondariz acolle unha clase gratuíta de iniciación ao taichí

A sala multiúsos da Biblioteca Pública Municipal 'Xoán Xosé Pérez Labaca' de Mondariz acollerá, o vindeiro sábado 25 de xaneiro ás 18 horas, unha masterclass gratuíta de iniciación ao taichí. A clase correrá a cargo de Wang Tielin, actualmente veciño de Mondariz quen, durante anos, formouse en artes marciais tradicionais de China como discípulo dun monxe do recoñecido Templo Shaolin.

Mondariz mecaniza o servizo de limpeza viaria

O Goberno de Mondariz vén de incorporar unha máquina varredora-aspiradora para ser empregada na limpeza viaria da área urbana "unha tarefa que se viña facendo manualmente e de xeito rudimentario", di o alcalde Xosé Emilio Barros. O executivo local trata de "optimizar os escasos recursos humanos dispoñibles coa mecanización destas tarefas"

Carmela Silva inaugura as obras do Complexo Deportivo da Lagoa, en Mondariz

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurou este sábado as renovadas instalacións deportivas da Lagoa, en Mondariz. Silva, que estivo acompañada polo alcalde, Xosé Emilio Barros, e o presidente do Mondariz C.F, José Manuel Vicente, puxo esta actuación como exemplo de actuación pública que fai posible asentar poboación no rural, proporcionando servizos de calidade no territorio.

Mondariz prepara unha zona azul gratuíta no centro urbano

Os comerciantes e hostaleiros de Mondariz, tanto os membros de Merca Mondariz coma os que non forman parte desta asociación, foron convocados recentemente polo goberno a unha reunión informativa sobre a nova zona azul gratuíta que se prepara no centro urbano e a próxima campaña de Nadal.

Mondariz debatirá en Pleno a situación do Centro de Día

Mondariz afronta unha débeda de 156.875 euros co Consorcio Galego de Benestar Social polo Centro de Día que, a día de hoxe, non está recollida en ningunha partida orzamentaria porque o Concello funciona cun orzamento pensado para 2017.

O PP de Mondariz considera “inadmisibles”as palabras do alcalde sobre o Centro de Día

A portavoz do PP de Mondariz, Ana Corredoira, considera "inadmisibles" as declaracións realizadas polo alcalde do municipio, Xosé Emilio Barros, sobre o Centro de Día e esixe do rexedor local "un comunicado desmentindo a súa idea de pechar ese servizo".