A Biblioteca Pública Municipal de Mondariz acollerá, o sábado 3 de outubro unha xornada técnica sobre "Aproveitamento sostible de plantas galegas de interese medicinal, aromático e cosmético". A inscrición permanecerá aberta ata o día 29 de setembro e o aforo estará limitado a 12 persoas.
Esta semana (venres, 11 de setembro) remata o prazo para inscribirse no curso gratuíto de panadaría e pastelaría que organiza o Concello de Mondariz nos meses de outubro e novembro de 2020, no marco do proxecto municipal "Mondariz: outra perspectiva de xénero, unha nova ollada".
O Concello de Mondariz acaba de contratar as obras para dotar de cuberta ao edificio do antiga escola unitaria da parroquia de Toutón. Este inmoble de titularidade municipal, situado xunto á igrexa e o adro parroquial, carece da estructura de cuberta desde a década de 1990. Naquel momento, o concello procedeu a iniciar un proceso de mellora que nunca foi rematado. Esta situación provocou deterioros e problemas de humidade no interior do inmoble.
A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de mellora da mobilidade e seguridade viaria na contorna do centro urbano e de equipamentos de Mondariz, unha actuación ao abeiro do Plan DepoRemse da Deputación que hoxe visitou a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, acompañada polo alcalde, Xosé Emilio Barros, e o deputado provincial Santos Héctor.
'Guía de itinerarios en bicicleta' e 'Monitor deportivo especializado en adestramento con soporte musical' son as dúas accións formativas que o proxecto Tic Emprendes vai desenvolver no concello de Mondariz co obxectivo de axudar á inserción laboral das persoas mozas deste municipio. As especialidades foron elixidas despois dunha enquisa entre a poboación obxectivo desta iniciativa da Deputación de Pontevedra financiada polo Fondo Social Europeo.
A Deputación de Pontevedra vén de conceder subvencións por un total de 21.325,31 euros a catro concellos da comarca do Condado coa fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. En concreto, serán os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves e Salvaterra de Miño os que se beneficien destas achegas, coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.
“Musigal”, o programa cultural da Deputación de Pontevedra, continúa espallando a música galega cun concerto que se desenvolverá este sábado 29 de agosto ás 22.30 horas na Alameda Talo Río, no concello de Soutomaior. Nel participará o grupo Óscar Ibáñez & Tribo, o expoñente do folk galego capitaneado polo gaiteiro natural de Poio, Óscar Ibáñez.
Unha das prioridades políticas do Concello de Mondariz é mellorar a depuración de augas residuais. Este servizo municipal tan básico, sen embargo, leva anos bloqueado pola denegación de acceso á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), construída en 2005 e situada no veciño Concello de Mondariz-Balneario. "O Goberno de Mondariz ten o firme compromiso de dar solución a este problema que leva arrastrando o municipio dende fai anos e afecta a un ben natural incluído na rede natura como é o río Tea", afirma o alcalde, Xosé Emilio Barros.
O Concello de Mondariz vén de anunciar cambios nos horarios dalgúns dos actos incluídos nas Festas da Pena de Francia e San Roque, ante as novas medidas de restrición horaria do ocio nocturno anunciadas polo Ministerio de Sanidade. Por "responsabilidade" o Concello decidiu adiantar as actuacións musicais previstas para o sábado, 15 de agosto, para adaptar a programación á antedita restrición horaria.
A crise sanitaria pola COVID-19 obrigou a suspender a celebración tradicional das festas patronais na maioría das localidades. O Concello de Mondariz tamén optou pola prudencia para minimizar os riscos epidemiolóxicos. Unha vez descartado o programa habitual de verbenas nocturnas, a Concellería de Educación e Cultura púxose a traballar nunha programación cultural alternativa para o fin de semana do 15 e do 16 de agosto de 2020, datas das Festas Patronais da Virxe da Peña de Francia e San Roque, que permitise un control do aforo e das medidas de prevención recomendadas.
O Departamento de Cultura e Xuventude do Concelllo de Mondariz informa que xa está aberto o prazo para inscribirse na RUTA ETNOGRÁFICA: A CADA PASO POLA BEIRA DO RÍO XABRIÑA, que se vai a realizar o venres 21 de agosto ás 18.30h.
As Consellerías de Economía, Emprego e Industria e de Sanidade impulsan un acordo marco para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables nun total de 28 centros de saúde da Comunidade que permitirán mellorar a eficiencia enerxética dos edificios e importantes aforros nas súas facturas enerxéticas. Entre os beneficiados atópase o centro de saúde de Mondariz.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.