12.3 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizMondariz estrea actividade ao aire libre

    Mondariz estrea actividade ao aire libre

    O Departamento de Cultura e Xuventude do Concelllo de Mondariz informa que xa está aberto o prazo para inscribirse na RUTA ETNOGRÁFICA: A CADA PASO POLA BEIRA DO RÍO XABRIÑA, que se vai a realizar o venres 21 de agosto ás 18.30h.

    Esta actividade é gratuíta e, polas súas características, está recomendada para persoas a partir de 8 anos. Ademáis de ser unha boa actividade física, esta ruta permite descubrir parte do patrimonio natural e cultural do concello de Mondariz.

    Terán preferencia as persoas empadroadas en Mondariz. As doutros concellos, poderán anotarse e quedarán nunha lista de agarda e, se quedan prazas vacantes cando remate o prazo de inscrición, as persoas serán contactadas por teléfono por orde de entrada da solicitude.

    Se estás interesado/a en anotarte nesta actividade podes contactar coa OMIX Mondariz nos teléfonos 986 664 306 / 680 964 461 (de luns a venres de 9 a 14h) ou seu correo electrónico: omix@concellodemondariz.com. O prazo de inscrición remata o mércores 19 de agosto ás 14h.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.