15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizMondariz organiza un curso gratuíto de panadaría e pastelaría

    Mondariz organiza un curso gratuíto de panadaría e pastelaría

    Este programa formativo de inserción laboral, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, diríxese a mulleres en situación de desemprego ou mellora de emprego

    Esta semana (venres, 11 de setembro) remata o prazo para inscribirse no curso gratuíto de panadaría e pastelaría que organiza o Concello de Mondariz nos meses de outubro e novembro de 2020, no marco do proxecto municipal “Mondariz: outra perspectiva de xénero, unha nova ollada”.

    Trátase dun programa formativo teórico-práctico de 146 horas de duración dirixido a mulleres que se atopen en situación de desemprego ou mellora de emprego, xa que depende dunha subvención da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. “Ademais de ofrecer novas oportunidades de inserción laboral, este programa de formación busca pór en valor un sector con grande tradición en Mondariz, que foi e segue sendo terra de panadeiros”, comenta o alcalde da localidade, Xosé Emilio Barros.

    O curso, que conta con 60 horas de prácticas non laborais en empresas do sector, terá lugar no antigo CEIP Riofrío-Vilar (sede actual da Escola Municipal de Música de Mondariz) en horario de mañá (09:00-14:00 horas).

    As mulleres interesadas poden contactar coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Mondariz a través de teléfono (986 664 306 / 680 964 461) ou correo electrónico (omix@concellodemondariz.com) para presentar a súa solicitude de inscrición. O prazo remata ás 14 horas do 11 de setembro. Podes descargar o cartel da actividade nesta ligazón.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.