13 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizA Biblioteca «Xoán Xosé Pérez Labaca» de Mondariz acolle unha xornada sobre...

    A Biblioteca «Xoán Xosé Pérez Labaca» de Mondariz acolle unha xornada sobre ‘aproveitamento sostible de plantas galegas de interese medicinal’

    A Biblioteca Pública Municipal de Mondariz acollerá, o sábado 3 de outubro unha xornada técnica sobre “Aproveitamento sostible de plantas galegas de interese medicinal, aromático e cosmético”. A inscrición permanecerá aberta ata o día 29 de setembro e o aforo estará limitado a 12 persoas.

    A actividade está dirixida, preferentemente a mozos e mozas do medio dural, traballadores e traballadoras do sector agrario, agroalimentario e forestal; persoas propietarias de explotacións agrícolas ou forestais; membros das comunidades de montes veciñais en man común e de asociacións rurais; persoas tituladas de ciclos formativos da rama agroforestal e empresas agrícolas, agroalimentarias e forestais.

    A apertura da xornada que terá lugar o 3 de outubro ás 9:30 horas a cargo de Francisco Javier Silva Pando, do Centro de Investigación Forestal de Lourizán e coordinador das cornadas, que procederá á descrición do proxecto Obtención de infusións e esencias a partir de procedencias galegas de especies silvestres, medicinais e aromáticas. O propio Silva Pando desenvolverá o primeiro relatorio sobre Plantas de interese medicinal, aromático e cosmético en Galicia.

    A este primeiro relatorio seguirá o desenvolvido por Nicanor Floro Andrés Rodríguez, director de oficina de Farmacia en Vigo, que tratará os Principios acctivos das plantas medicinais: actividade terapéutica dos principais grupos.

    Logo dunha pausa, Ruth María Barros Camba do IES Calvo Sotelo da Coruña, falará sobre O cultivo de plantas de interese medicinal, aromático e cosmético. Posibilidades en Galicia. Os relatorios da mañá rematarán co ofrecido por Carmen Valiño Vázquez, de ‘Milhulloa’ de Caldas de Reis que tratará sobre O procesado industrial de plantas medicinais, aromáticas e cosméticas.

    As sesións de tarde iniciaránse as 16 horas con Normas de recolección de plantas para uso medicinal e aromático a cargo de Francisco Javier Silva Pando e Pilar Furones Pérez do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

    A xornada rematará cunha mesa redonda na que, baixo o título xenérico de Obtención de extractos de plantas medicinais e aromáticas. Oleatos, tinturas, destilados e hidrolatos florais, contará coa participación de Carmen Valiño Vázquez, María Jesús Expósito Casal, Pilar Furones Pérez e Francisco Javier Silva Pando.

    A inscrición previa desta actividade organizada polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán, pode realizarse ou a través desta ligazón web, enchendo a solicitude e enviándola por correo ao enderezo infolourizan.mr@xunta.gal. A reserva de prazas será prerferente ás persoas e actividades anteriormente citadas e por orde de inscrición. A organización, posteriormente, confirmará por correo electrónico a selección ás persoas participantes.

    Para o día 10 de outubro, está previda unha segunda edición desta xornada da que, oportunamente, darase a coñecer o prazo de inscrición.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.