Sábado, 10 Maio de 2025

A Louriña

Salceda regula a participación veciñal na vida municipal

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas, cos votos a favor dos grupos de goberno (MS e PSOE) e a abstención do PP, ven de aprobar inicialmente o que será o primeiro Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Salceda e que agora contará cun prazo de exposición pública de 30 días, dende a súa publicación no BOP, para que que asociacións, entidades, colectivos ou persoas a título individual poidan achegar as súas propostas e suxestións a modo de alegacións.

Cinco galardóns para integrantes da A.D. Avanza do Porriño na Gala do Ciclismo Galego

A Gala do Ciclismo Galego, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e celebrada o pasado 29 de febreiro no Teatro Principal de Pontevedra, foi unha xornada moi especial para a Asociación Deportiva Avanza do Porriño que miraba como cinco dos seus deportistas, eran galardoados pola súa traxectoria e o seu traballo. Xoel Montes, Senén Bastos, Uxía Soto, André Martínez e Borja Fernández, recollían os seus máis que merecidos trofeos pola súa participación e logros tanto nos eventos autonómicos coma nacionais.

Mos reafirma o seu compromiso con Asodifisi

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a presidenta da Asociación de Discapacitados Físicos e Psíquicos de Mos, 'Asodifisi', Asunción Monroy Carrera, asinaron na tarde de onte xoves, nas instalacións da Asociación na parroquia de Torroso, o convenio anual de colaboración entre ambas entidades.

‘Treze Catorze’ pide ao Porriño que reconsidere o “atentado ecolóxico” do centro de ACEESCA nas Gándaras de Budiño

A Asociación 'C.D.E.Treze Catorze' de Salceda de Caselas vén de sumar a súa voz aos diferentes colectivos ecoloxistas, políticos e cidadáns que solicitan a paralización das obras de construción dun centro para ACEESCA nas Gándaras de Budiño.

A Librería Arte Ciencia de Mos, súmase ao entroido co ‘III Concurso de disfraces literarios’

Por terceiro ano consecutivo, a Librería Arte Ciencia, en Mos, súmase ao Entroido e o seu xa tradicional 'Concurso de Disfraces Literarios Arte Ciencia'. O concurso nace coa vontade de realizar unha actividade que, non só anime a gozar desta festividade, senón que sirva como un incentivo de cara ao fomento da lectura.

A Xunta non informa a Salceda de Caselas do novo Plan de Transporte

O Concello de Salceda de Caselas vén de manifestar a súa preocupación ante a falta de información por parte da Xunta de Galicia, así como da empresa adxudicataria, dos horarios de autobús que existirán no municipio a partires do vindeiro 24 de febreiro, día en que se producirá o cambio de empresa, pasando a pertencer o servizo a Monbús.

O acordo entre ‘Naturgy’ e o Concello do Porriño permite o restablecemento do subministro eléctrico

O Concello do Porriño vén de informar que tanto o Mulitusos de Torneiros coma o Centro de Día de 'AFAGA' e outras instalacións municipais "teñen plenamente normalizado o subministro eléctrico". A empresa Naturgy restaurou o servizo nos centros de distribución logo das xestións realizadas pola alcaldesa Eva Gardía de la Torre que, no día de onte, tiña formulado unha queixa ante a dirección provincial da empresa subministradora "polo seu proceder".

‘Entroideiro ou besta’, o Entroido de Salceda di “non” ás agresións sexuais

O Concello de Salceda, xunto coas asociacións de A Feira e Castro Barreiro, veñen de presentar a campaña 'Entroideiro ou besta', coa que queren poñer o foco de atención nas agresións sexuais e os ataques a mulleres, conscientes de que o anonimato agochado detrás dunha máscara na festa do Entroido, pode carrexar situacións de risco para as mulleres.

A Xunta “pasa” de Salceda

Aínda que, semánticamente, poida utilizar algunha outra expresión, a realidade é que a Xunta de Galicia 'pasa' e de feito 'pasa amplamente' do Concello de Salceda de Caselas. De non ser así, non se entende que as reiteradas peticións de reunión realizadas polo Goberno de Salceda de Caselas con distintas consellerías teñan a calada por resposta e, por non haber, non haxa a mínima cortesía institucional –que debería ser obrigada entre administracións– de contestar, aínda que sexa cun 'non', as demandas do executivo local.

O Porriño convoca subvencións dirixidas ás traídas de augas

O BNG do Porriño vén de expresar a súa satisfacción coa publicación da primeira convocatoria que se fai no Concello porriñés para a concesión de subvencións ás Comunidades de aguas parroquiais. Esta liña de subvencións introduciuse nos orzamentos do 2018, en vigor na actualidade, polas emendas presentadas polo BNG ao orzamento.

A Deputación recupera para as persoas o antigo Campo da Feira da Devesa de Salceda

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou hoxe xunto á alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira; aos deputados de infraestruturas e Cooperación, Gregorio Agís e Santos Héctor, amais da tenenta de alcalde, Verónica Tourón e integrantes do Goberno local, dúas obras levadas a cabo con achegas da institución provincial neste concello cun investimento próximo ao millón de euros, a urbanización do antigo Campo da Feira da Devesa, incluída no Plan DepoRemse, e a actuación de mobilidade sostible na estrada provincial EP-2505 ao seu paso polo núcleo urbano.

O Porriño, plató da curtametraxe «Para sempre, Malévich» dirixido por Antón Veiga

Dende o domingo, e durante catro días, O Porriño convertirase nun plató para levar ao cine un dos libros do escritor porriñés Diego Giráldez. O director e guionista Antón Veiga, logo de anos de traballo, conseguiu poñer en marcha a rodaxe desta curtametraxe baseada no libro de relatos 'Galería de saldos' (Xerais), do porriñés Diego Giráldez, un dos títulos máis aplaudidos pola crítica e o público galegos en 2016.