13.9 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Porriño convoca subvencións dirixidas ás traídas de augas

    O Porriño convoca subvencións dirixidas ás traídas de augas

    A Concellería de Infraestruturas e Urbanismo, dirixida polo nacionalista Pedro Pereira, seguirá traballando para que, ademais de subvencionar gastos correntes, se incorpore outra partida para inversións nos orzamentos do 2020

    O BNG do Porriño vén de expresar a súa satisfacción coa publicación da primeira convocatoria que se fai no Concello porriñés para a concesión de subvencións ás Comunidades de aguas parroquiais. Esta liña de subvencións introduciuse nos orzamentos do 2018, en vigor na actualidade, polas emendas presentadas polo BNG ao orzamento. Esta primeira convocatoria fai realidade, por un lado, a demanda das distintas asociacións e, por outro, as xestións que os nacionalistas levaron a cabo para conseguir que se incluira no orzamento do Concello un importe para este fin.

    As axudas publicadas teñen como obxectivo subvencionar gastos correntes das Comunidades de augas, como os gastos correspondentes a analíticas de control sanitario e gastos de mantemento e conservación en captacións de augas, obras de reparación,… As axudas comprenden un importe máximo total de 95.000 euros e cun límite máximo de 8.000 por asociación.

    O Bloque Nacionalista Galego asegura que sempre tivo claro “que os Concellos, como administración máis proxima, deberían establecer nos seus orzamentos partidas para colaborar coas redes de titularidade veciñal así como coordinar e colaborar para que nas parroquias haxa un servizo de calidade no subministro de auga”.

    O BNG adiantou que “seguirá traballando nesta liña para que, ademais de subvencionar gastos correntes, se incorpore outra partida para inversións”. Os nacionalistas rematan sinalando que hai que ter en conta que “os gastos que teñen que facer as asociacións superan a súa capacidade económica para poder manter un bo servizo no abastecemento das augas á veciñanza”.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.