A Biblioteca Pública Municipal de Tui completa a súa oferta de actividades de Nadal este xoves, 2 de xaneiro, ás 17 h, cunha sesión de contacontos dirixida a bebés e nenos e nenas con idades entre 0 e 3 anos. Correrá a cargo de Migallas Teatro co titulo de 'Os contos do chupete'.
Este venres día 3 de xaneiro ás 17:30 h a Praza do Reló acolle o espectáculo 'Nadal con Paio e Aurelio', unha actividade enmarcada na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda. Trátase dun espectáculo especial para este Nadal con voces en directo a cargo do grupo musical Oviravai e no que 4 personaxes farán as delicias dos máis pequenos da casa.
O pasado xoves día 26 de decembro a cervexaría «La Bodega» da Guarda acollía a segunda Barferencia do ciclo finais 2019 ante máis de medio cento de persoas. Despois da primeira Barferencia celebrada no mes de novembro e que versou sobre «María Vinyals, unha galega de armas tomar» e que correu a cargo de Silvia Cernadas, chegou a segunda deste ciclo e derradeira do ano 2019 na cal o historiador local J. Miguel Villa falou sobre «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879).
Este sábado día 28 de decembro ás 20:00 h a Praza do Reló acolle o Concerto do grupo 'Inertes', enmarcado na Programación de Nadal 2019/2020. No caso de que as condicións meteorolóxicas foran adversas, o concerto trasladarase ao Centro Cultural con entrada libre ata completar o aforo.
Hoxe, 26 de decembro, reuníronse na Consellería de Política Social co director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa Montenegro, tres membros da directiva do centro 'San Xerome Emiliani' e os membros da Mancomunidade do Baixo Miño (Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda) representados polo concelleiro e concelleira de Benestar de Tui e Tomiño, Ismael Diz e Cristina Martínez, respectivamente; Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal e Antonio Lomba, alcalde da Guarda.
Ata o vindeiro 4 de xaneiro estará aberta, na Casa dos Alonso, a mostra de pintura de «anetadocamilo», alcume utilizado por Beatriz Bascoy Cao para "expresar con pintura o que con palabras non pode," unha exposición nas que a autora amosa máis dunha ducia de obras.
O Concello da Guarda ven de habilitar unha Aula de Estudo para todas aquelas persoas que ao longo das vacacións de Nadal precisen dun espazo para poder estudar. Ante a demanda dun grupo de estudantes universitarios da vila, o Goberno local habilitou, este Nadal, unha aula do Sinde Vello como sala de estudo.
O Concello de Tomiño ten previsto pór en marcha no 2020 a segunda fase do 'Plan Revitaliza', subvencionado na súa meirande parte, pola Deputación de Pontevedra, co fin de alcanzar o 100 % da compostaxe da materia orgánica xerada no municipio.
Catro agrupacións tudenses serán as encargadas do Concerto de Fin de Ano que o próximo venres, 27 de decembro, ás 21 h se vai celebrar no Teatro Municipal de Tui. A música chegará da man da Banda de Música Popular de Tui e das corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo que ofrecerán un repertorio no que primarán as panxoliñas e as composicións da familia Strauss.
O Concello de Oia promove a difusión de historias, tradicións e gastronomía local a través dun vídeo de cociña interxeracional, onde se pode ver a veciños e veciñas de distintas idades preparando receitas típicas da zona. O traballo será presentado o día 23 de decembro, dentro da Semana Cultural de Mougás.
Dende o luns, coincidindo co inicio das vacacións escolares, cada mañá na Sala Xacobeo da Área Panorámica haberá obradoiros infantís a cargo de En Un Tris Tras –con capacidade máxima para 70 nenos e nenas– e polas tardes proxectarase unha película de cinema infantil na Sala Félix Rodríguez –con capacidade máxima para 100 nenos e nenas–.
O vindeiro luns día 23 de decembro arrancan na Guarda as actividades infantís incluídas na Programación de Nadal 2019/2020 actividades que debido ás malas previsións meteorolóxicas para a fin de semana, cambian de emprazamento de desenvolveránse nos baixos da Casa dos Alonso.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.