Sábado, 25 Xaneiro de 2025

Mancomunidade de Baixo Miño e membros do «San Xerome» reúnense co director xeral de Política Social

Os asistentes á reunión, que tivo lugar hoxe en Santiago, acordan axilizar a eliminación da lista de agarda do Centro de Adultos do San Xerome

Hoxe, 26 de decembro, reuníronse na Consellería de Política Social co director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa Montenegro, tres membros da directiva do centro ‘San Xerome Emiliani’ e os membros da Mancomunidade do Baixo Miño (Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda) representados polo concelleiro e concelleira de Benestar de Tui e Tomiño, Ismael Diz e Cristina Martínez, respectivamente; Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal e Antonio Lomba, alcalde da Guarda.

Sobre a mesa, amaus de atopar unha solución para a lista de agarda, estaba tamén tratar de solucionar o problema que ten o antedito centro respecto á necesidade de dúas prazas, no Centro de Adultos, que permitan a continuidade de dous usuarios.

Despois da reunión mantida co Director Xeral , a Mancomunidade do Val Miñor agradeceu “o recibimento e a boa disposición” e agardan que as situacións formuladas resólvanse á maior brevidade posible.